As Becas Ence para Estudos de Máster xa teñen beneficiarios despois de que a pasteira resolvese a segunda convocatoria das axudas seleccionando sete estudantes de Pontevedra e a súa bisbarra entre as 26 solicitudes presentadas.
Así os pontevedreses Daniel Martínez Filgueira e Miguel Rosales Sueiro poderán ampliar os seus coñecementos en universidades estranxeiras recibindo 7.500 euros para os seus estudos no Máster en Bioenerxía, Bioprodutos e Biomateriales do Instituto Tecnolóxico de Grenoble (Francia) e o Máster en Investigación en Web Science & Big Data Analytics do University College de Londres.
Ademais cinco mozos recibirán 5.000 euros para seguir coa súa formación en centros nacionais en materias como enxeñaría ambiental, desenvolvemento sostible, análise económica, dirección de comunicación ou sistemas de información xeográfica.
Os escollidos son Alexandra Carballo Fariña, de Portas, Carolina Domínguez Parada, veciña de Lourizán, e os pontevedreses José García Louzao, Sara Elisa Arribas e Fabio González Eiras.
Segundo explica a empresa nun comunicado, a elección das persoas beneficiadas realizouse tendo en conta o historial académico dos candidatos e a pertinencia dos estudos que realizarán coas áreas de coñecemento priorizadas nas bases.