Un evento para pór no lugar que merece a uva albariña de Soutomaior, esa que tantos veciños e colleiteiros levan décadas coidando.
Con ese obxectivo nace o I Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior, que se celebrará os días 31 de maio e 1 de xuño no Campo da Festa de San Benito de Romariz.
"Hoxe facemos un acto de xustiza cunha tradición con mulleres e homes que hai décadas que levan traballando un produto que nos fai únicos e que nos diferenza como é uva albariña de Soutomaior", explicou na presentación do encontro o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo.
"Se hoxe por hoxe seguirmos tendo uva albariña en Soutomaior é porque hai persoas que a traballan que a coidan a miman e a converten en viños dunha altísima calidade", engadiu.
No I Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaioro participarán: Furancho Linchú (Vela), Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega do músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo (O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Veigha do Meirolas (O Rial) e Aires do Verdugo (O Rial).

No que respecta á súa programación, as casetas abrirán o sábado 31 de maio de 12.00 a 22.30 horas, con especio de gastrobar con polbo e churrasco de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 22.30 horas.
Ao longo da xornada celebraranse diferentes actividades, como a actuación musical do grupo 'Algo pasa con Mary' ás 13.00 horas, unha mesa-coloquio bautizada 'Soutomaior, terra de viño', unha cata a cegas ás 20.00 horas para decidir a distinción 'Colleiteir@s distinguid@s
O domingo pola súa banda as casetas abrirán de 12.00 a 16.00 horas e o espazo gastrobar de 13.00 a 16.00 horas. Ademais ás 13.30 horas entregaranse os diplomas e distinción oficial 'Colleiteir@s distinguid@s