Tallan o cedro centenario da rúa Pastor Díaz

Pontevedra
23 de maio 2018

A árbore supoñía un perigo para os transeúntes e os traballadores da Subdelegación ante a inseguridade que ofrecían as súas ramas. Algunhas delas esborralláronse no interior do recinto militar por causa do vento. A talla estaba xustificada nun informe que sinala a súa inestabilidade

Talla do cedro da Subdelegación de Defensa
Talla do cedro da Subdelegación de Defensa / Mónica Patxot

O cedro do Himalaya dos xardíns da Subdelegación de Defensa, na rúa Pastor Díaz, foi tallado.

Ao longo de toda a xornada do martes unha empresa especializada procedeu á retirada desta centenaria árbore, un labor para a que foi necesaria a asistencia dun guindastre e mesmo dun dron.

Esta árbore non contaba con protección, a diferenza dos outros exemplares de cedro do Himalaya que se atopan nos xardíns de Vincenti e que están catalogados como "árbores senlleiras".

A árbore supoñía un perigo para os transeúntes e os traballadores da Subdelegación ante a inseguridade que ofrecían as súas ramas. Algunhas delas esborralláronse no interior do recinto militar por causa do vento. A talla estaba xustificada nun informe que sinala a súa inestabilidade.