Tecnoloxías de moda en DEBUT 2012

Pontevedra
09 de novembro 2012

O Esdemga, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia, amosará en Debut 2012 os proxectos fin de carreira cun programa de obradoiros e xornadas sobre o uso de novas tecnoloxías na confección.

ÿ o momento dos novos talentos. O 22 de novembro o Pazo da Cultura acollerá unha nova edición do desfile Debut 2012 no que quince estudantes presentarán os traballos fin na Esdemga, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza.

A directora da Escola, Lola Dopico, a vicereitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, presentaron o desfile deste ano sinalando que contará con numerosas actividades que permitirán aos estudantes relacionarse coas últimas tecnoloxías na confección.

Lola Dopico sinalou que os alumnos foron os artífices de que o proxecto se puidese sacar adiante grazas ao seu compromiso ante a difícil situación derivada da crise económica. Este grao de implicación débese a que supón unha conexión moi importante co ámbito profesional. A cita o ano pasado atraeu preto de 1400 persoas.

Premios grazas a Jesús Peiró

Cinco profesionais do sector integrarán o xurado do Premio desta edición: Israel López, apoderado de desenvolvemento de produto de Desigual; Alexandra McDonald, en representación do portal WGSN; o novo deseñador Moisés Neto; Juan Carlos Santos, consultor especializado que traballa con Loewe e un representante da Asociación de Novos Deseñadores de España.

Vanse manter as dotacións económicos para os dous estudantes que resulten premiados grazas á colaboración da marca catalá Jesús Peiró que cederá ao redor de 2000 euros ao primeiro clasificado e entre 1000 e 1500 euros ao segundo.

Do 19 ao 21 de noviemnbre, a Casa das Campás e a Facultade de Belas Artes acollerán varias actividades como workshops sobre maquillaxe e fotografía en moda e sobre o emprego de dispositivos dixitais para a aplicación de tecnoloxía no deseño de roupa, impartido por Paola Guimeráns. Tamén dará comezo un taller de man de Marshallah Design, un colectivo alemán especializado no desenvolvemento de patróns a partir do modelado 3 D. Moisés Nieto, gañador do premio L'Oreal 2012 e Juan Carlos Santos serán os encargados de impartir as xornadas profesionais.

A programación da semana intentarase clausurar cun encontro con convidados de empresas punteiras na industria e o comercio de moda.