Tres grandes macetas reforzan a prioridade peonil do Paseo de Silgar

Sanxenxo
23 de xuño 2021

O obxectivo do Concello de Sanxenxo é a procura dunha contorna máis humanizada onde se incida na preferencia do peón sobre o vehículo

Macetas no Paseo de Silgar
Macetas no Paseo de Silgar / Concello de Sanxenxo

Tras un ano de prioridade peonil no Paseo de  Silgar cun resultado "moi positivo", o goberno local da un paso máis na humanización da contorna coa colocación de tres macetas de gran tamaño situadas no cruzamento en forma de triángulo.

O principal obxectivo é lembrar aos vehículos de motor que se atopan nunha zona de velocidade a 20 quilómetros por hora e que o peón ten sempre preferencia. Trátase, ademais de embelecer a contorna, reforzar con "sinais" verticais a pintura horizontal que delimita o espazo humanizado.

As macetas instaladas nas últimas horas combinan un acivro e adaptable ( Ilex  crenata) e unha planta colgante cunha floración prolongada no tempo (Surfinias).

O goberno destaca que a prioridade peonil posta en marcha no Paseo de  Silgar o pasado verán coincidindo coa pandemia son medidas que "chegaron para quedarse e para continuar gañando espazos para os peóns".