Un menor de idade e un policía, agredidos por un toxicómano de 68 anos

O Salnés
03 de xullo 2023

A Policía Local de Vilagarcía foi requirida o sábado pola tarde á altura da glorieta entre as rúas Doutor Tourón e Vista Alegre pola denuncia dunha agresión a un menor

Patrulla da Policía Local de Vilagarcía de Arousa
Patrulla da Policía Local de Vilagarcía de Arousa

A Policía Local de Vilagarcía foi requirida o sábado pola tarde á altura da glorieta entre as rúas Doutor Tourón e Vista Alegre pola denuncia dunha agresión a un menor. 

A vítima, acompañada do seu pai, explicou que ía con catro amigos cando, ao cruzarse na beirarrúa cun home maior, este os ameazara cunha cadea e insultara a unha rapaza. 

O grupo botouse atrás, quedando a vítima quieto e, facendo caso omiso ao agresor, deu a volta, momento que o individuo aproveitou para golpealo coa cadea. 

Os axentes comprobaron que o rapaz tiña marcado o golpe no ombreiro e unha ferida aberta á altura do peito. 

Dado que a descrición dada era similar á de outros requirimentos recibidos ese mesmo día por ameazas e danos en coches, e como coincidía coa dun drogodependente coñecido, foron ao domicilio desta persoa que, ao abrir a porta, tamén agrediu a un dos axentes dándolle coa cadea nun brazo. 

O detido, residente en Sobradelo e de 68 anos de idade, responde as iniciais J.R.S.P.