Un total de 43 familias solicitan praza no Plan Concilia Sanxenxo

Sanxenxo
25 de xuño 2020

A proposta está adaptada á actual situación sanitaria e coas medidas de hixiene e protección necesarias para garantir o desenvolvemento da actividade. Das familias anotadas, 37 solicitan xullo e agosto, mentres que 3, só xullo e outras 3, só agosto. O horario será de luns a venres de 8 a 14:30 horas e non haberá servizo de comedor

Obradoiro da ludoteca de Nantes
Obradoiro da ludoteca de Nantes

Un total de 43 familias inscribíronse no plan Concilia Sanxenxo posto en marcha polo Concello entre o 1 de xullo e o 31 de agosto co obxectivo de axudar aos veciños do municipio para compaxinar a vida familiar e laboral.

A proposta está adaptada á actual situación sanitaria e coas medidas de hixiene e protección necesarias para garantir o desenvolvemento da actividade. Das familias anotadas, 37 solicitan xullo e agosto, mentres que 3, só xullo e outras 3, só agosto. O horario será de luns a venres de 8 a 14:30 horas e non haberá servizo de comedor.

Axustando a demanda aos espazos posibles para o desenvolvemento da actividade, o goberno local decidiu centralizar o plan no pavillón de Baltar mantendo a ratio prevista dun monitor por cada dez participantes e dúas persoas de reforzo que velarán porque se cumpran as medidas de seguridade. Serán obrigatorios o uso de máscara que será facilitada polo Concello de Sanxenxo será e unha declaración de saúde diaria de cada participante á entrada das instalacións.

A actividade desenvolverase en catro equipos, distinguidos por cores, que terán asignado un espazo no pavillón e un monitor que se manterá co mesmo grupo durante todo o plan. En canto á programación, a xornada comezará con xogo libre, pero sempre por grupos, e, a continuación, desenvolverase a sección Activity con cancións e bailes con coreografías deseñadas cada día por un monitor.

Durante cada xornada realizaranse talleres de distinto tipo para deseñar viseras ou chaveiros con materiais variados, murais, xogos de auga, bingo e dispoñerán dun proxector para ver películas os días que o tempo non acompañe. Tamén gozarán dos xogos con pelota, cordas ou aros e das saídas para gozar dos espazos abertos.

PRAZOS

A Concellería de Educación colgará a partir deste venres a listaxe dos admitidos e, entre as 9 e as 14 horas poderanse realizar as reclamacións telefónicas oportunas. Desde mañá e ata o 30 será o prazo de entrega da documentación requirida que se poderá enviar por correo electrónico ou de forma presencial entre as 8 e as 12 horas.