Unha furgoneta queda atrapada nas escaleiras da praza do Teucro

Pontevedra
26 de outubro 2023

A escena que se repite con frecuencia en Pontevedra volvía repetirse este xoves 26 nas escaleiras de acceso á praza do Teucro desde a rúa Real

Estado en que quedou a furgoneta na praza do Teucro
Estado en que quedou a furgoneta na praza do Teucro / PontevedraViva

Na mañá deste xoves 26 volvía repetirse unha escena xa habitual en Pontevedra. 

Un vehículo, neste caso unha furgoneta de pequeno tamaño, quedaba encaixado nas escaleiras de acceso á Rúa Real desde a praza do Teucro.

A furgoneta quedaba coas rodas traseiras no aire e entalada nos banzos chamando a atención dos transeúntes. O vehículo portaba unha escaleira. 

É frecuente que se produzan este tipo de incidentes entre persoas de fóra de Pontevedra que utilizan sistemas GPS non actualizados para circular pola cidade.

Polo momento, non transcenderon as causas que provocaron esta curiosa escena nunha mañá na que as inclemencias meteorolóxicas dificultaban a visibilidade ao volante.