A incidencia do cancro nos nenos é moi baixa, considerándose unha enfermidade pouco frecuente. Dun total de 6.561 novos casos de cancro detectados na provincia de Pontevedra en 2023, un total de 16 correspóndense con pacientes de idades comprendidas entre os 0 e 14 anos.
Co obxectivo de continuar impulsando a investigación en cancros pouco frecuentes, actualmente, a Asociación Española Contra o Cancro ten en marcha, a nivel nacional, 30 proxectos en desenvolvemento relacionados con cancro infantil, que contan cunha adxudicación de 7,5 millóns de euros.
A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra atendeu a unha vintena de nenos pacientes de cancro na provincia e a máis dunha trintena de familiares, no pasado 2023, desde os departamentos de psicoloxía e traballo social.
O equipo psicosocial da Asociación realizou un total de 194 visitas hospitalarias, tanto a nenos como aos seus familiares.
Ademais, outorgáronse axudas económicas destinados á cobertura de desprazamento a outra comunidade para recibir tratamento, dietas familiares en hospital e manutención básica (subministracións, alimentación e alugueiro).