Uns particulares ceden ao Concello o uso dunha parcela para aparcadoiro

Marín
27 de decembro 2018

Co avance das obras da Avenida de Ourense, e as próximas obras que van comezar a finais do mes de xaneiro na propia rúa Concepción Arenal, esta parcela contribuirá a resolver a problemática da falta de espazos de estacionamento

Obras na avenida de Ourense, en Marín
Obras na avenida de Ourense, en Marín / Luis Portas

O Concello de Marín vén de firmar cuns particulares un acordo de cesión para aparcamentos públicos en superficie dunha finca de máis de 2.200 metros cuadrados situada na rúa Concepción Arenal.

Co avance das obras da Avenida de Ourense, e as próximas obras que van comezar a finais do mes de xaneiro na propia rúa Concepción Arenal, esta parcela contribuirá a resolver a problemática da falta de espazos de estacionamento.

A finca está situada xusto ao carón da gasolineira.

O contrato firmouse por dous anos, xa que é necesario que o Concello faga inversión para acondicionala.

Estes días se están facendo visitas técnicas para concretar os traballos a realizar, xa que nela atópanse varios árbores que van ser transplantados. O día 7 de xaneiro comezarán as obras de acondicionamento do terreo, e se espera que poida poñerse en funcionamento a finais do mes de xaneiro.

Dende o Concello agradeceron as facilidades dadas polos donos desta finca, que redundará no beneficio da veciñanza, e da xente que visita a vila.