O colectivo ecoloxista Vaipolorío puxo en coñecemento do Concello de Pontevedra a deterioración de varios pasos e pontes.
Segundo informaron nun comunicado estes elementos atópanse "altamente deteriorados" e noutros casos están rotos.
Vaipolorío indica que estes danos localízanse no carreiro do tramo rural do río Tomeza, (Gafos).
Finalmente alertan do "alto risco de accidente" que supoñen estes elementos máis aló das "incomodidades" que xa están a provocar a quen frecuenta este paseo.