Vaipolorío convoca a segunda xornada de limpeza do río Gafos

Pontevedra
04 de agosto 2020

A asociación ecoloxista ten previsto o vindeiro domingo 9 de agosto unha nova xornada de traballo da 20ª Campaña de limpeza do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos

Máscara recollida no leito do río Gafos
Máscara recollida no leito do río Gafos / Vaipolorío

A asociación ecoloxista ten previsto o vindeiro domingo 9 de agosto unha nova xornada de traballo da 20ª Campaña de limpeza do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos

Toda unha acción clásica do colectivo ecoloxista que non se ve freada polo coronavirus, aínda que si se adaptará para garantir a seguridade dos participantes.

Vaipolorío pide ás persoas interesadas en participar na limpeza dos fondos do Gafos e a súa contorna que contacten previamente coa asociación co obxectivo de poder organizar grupos e limitar así o contacto entre os participantes.

O teléfono de contacto é o 676 842 942. O punto de encontro é o inicio do sendeiro rural na rúa Otero Pedrayo ás 10 da mañá.