A situación repítese cada certo tempo, para desesperación de colectivos como Vaipolorío que velan polo bo estado ambiental da comarca.
A asociación ecoloxista denunciou este sábado a aparición dunha nova vertedura ilegal en pleno Espazo Natural de Interese Local (ENIL) dos Gafos.
En concreto trátase dun frigorífico desbotado e con lixo no seu interior que foi localizado en Tomeza, nas inmediacións da Ponte da Condesa, na vía de servizo do ferrocarril.
"Son incansables", quéixase Vaipolorío afirmando que puxeron a situación "en coñecemento das autoridades que teñen competencia neste tipo de actos".