Vaipolorío descobre as historias que contan os aneis das árbores

Pontevedra
20 de xullo 2024

A dendrocronología é un método científico de datación a partir do estudo da idade das árbores reflectida nos seus aneis de crecemento

Obradoiro de dendrocronoloxía Vaipolorío

Este sábado tivo lugar a última xornada do taller titulado "Dendrocronoloxía: As historias que contan os aneis dás árbores", que organiza a asociación Vaipolorío. 

A dendrocronología é un método científico de datación a partir do estudo da idade das árbores reflectida nos seus aneis de crecemento.

Manuel Souto foi o encargado de impartir este taller que se desenvolveu a beiras dos Gafos. El é enxeñeiro de Montes e investigador do departamento de Botánica da Universidade de Santiago.

Ademais da idade da árbore, o conteo dos seus aneis achega moita máis información sobre a contorna na que viven "o que permite realizar estudos de dinámica forestal e climática".

Hoxe en día non é necesario cortar o tronco dunha árbore para realizar un estudo de dendrocronoloxía. Grazas á chamada barrena de Pressler poden realizarse catas no seu exterior e extraer testemuñas fiables que sirvan para levar a cabo un estudo.