As copiosas choivas destes días ofrecen a oportunidade de poder comprobar o funcionamento da rede de coletores. ÿ dicir, o aumento do caudal provoca desbordamentos naqueles puntos nos que existen conexións ilegais de augas pluviais e fecais.
O colectivo ecoloxista Vaipolorío aproveitou a circunstancia para identificar 24 puntos de vertedura. En concreto localizou tres en Vilaboa e 21 en Pontevedra (11 no tramo urbano e 10 no rural).
Aínda que hai outros puntos nos que a vertedura é contínua, por exemplo, o existente no asentamento chabolista nas inmediacións do nó do Pino. Xunto a este grupo de infravivendas hai unha provisión de entullos e outros materiais contaminantes.
Segundo denunciou Vaipolorío ante a Policía esta explanada "queda anegada coas enchentes do río, o que leva eses materiais augas abaixo, emporcallando o río", ademais de que as barracas "verten augas residuais directamente á canle".
Os de Vaipolorío organizaron outro tipo de actividades de carácter completamente lúdico
Pero como non todo vai ser traballar, os de Vaipolorío organizaron outro tipo de actividades de carácter completamente lúdico como "Unha noite no muiño". Consiste nunha "muiñada" pola noite, con degustación de empanada de millo, no restaurado muiño de Cabanas (único muíño que moe coas augas do río Gafos). Daranse explicacións de como funciona o muiño, as pezas que o forman e tamén haberá cantigas, contos, música...
"ÿ unha actividade que pretende rememorar as vellas muiñadas, que viñan sendo un lugar de encontro onde os veciños, ademais de levar o seu grau para facer fariña, aproveitaban para falar, cantar, bailar, contar contos e mocear".
Será o sábado 23 de marzo, ás sete da tarde con saída desde a Estación de Autobuses e para apuntarse só hai que chamar ao 986840367 da concellaria de Xuventude do Concello de Pontevedra.