Veciños de Cantodarea piden que se reforce o servizo de autobús Marín-Pontevedra en horas punta

Marín
11 de abril 2025

"Desde o Concello, trasladaremos estas demandas a Monbus", asegura a alcaldesa de Marín, María Ramallo, tras reunirse coa Asociación de Veciños San Xosé de Cantodarea

Autobús que fai o servizo entre Pontevedra e Marín Mónica Patxot

Abordar distintas demandas a nivel veciñal, sobre todo relacionadas co transporte urbano, foi o obxectivo do encontro mantido pola alcaldesa de Marín, Ramallo, e representantes da Asociación de Veciños San Xosé de Cantodarea.

Na reunión participaron ademais os concelleiros Manuel Santos e Francisco Estévez.

Unha das principais demandas do colectivo veciñal é o reforzo do servizo de autobús entre Marín e Pontevedra, especialmente en horas punta como o tradicional horario de entrada e saída ao traballo.

Piden, ademais do reforzo, que se mellore a claridade nos horarios, así como a súa accesibilidade tanto na nivel dixital como nas paradas e marquesiñas.

Tamén solicitan que se apliquen melloras na accesibilidade dos autobuses.

Reunion do Concello de Marín coa Asociación de Veciños San Xosé de CantodareaConcello de Marín

"Desde o Concello, trasladaremos estas demandas a Monbus, que é a empresa encargada deste servizo. Somos conscientes de que xa se trasladaran no seu día unha seria de peticións que se van abordando e mellorando, pero volveremos insistir para ver se se pode mellorar dentro do posible a prestación", explicou tras o encontro María Ramallo.

"É bo síntoma que existan estas demandas porque iso implica que cada vez o transporte público é máis utilizado, que é un obxectivo ao que aspiramos", defendeu a alcaldesa.

Noutra orde de cousas a asociación veciñal solicitou a colaboración do Concello para realizar actividades de dinamización social e de envellecemento activo.