O fotoxornalista Diego Torrado fixo un percorrido pola Pontevedra baleirada.
O Estado de Alarma apenas deixou unha alma nas principais vías da cidade do Lérez. Tan só algúns transeúntes camiñan apurados e en silencio para facer actividades esenciais como compras de alimentación.
Non é estraño ver as rúas baleiras, desérticas, se fose a primeira hora dun domingo, pero o sorprendente é que este timelapse está gravado nun día 'laborable' e nas que se supón que deberían ser horas de máxima actividade nas que a Boa Vila desborda vida.
Coa xente confinada nas súas casas Pontevedra convértese nunha cidade pantasma.