Vilanova de Arousa celebrou a súa Festa do Momo coa Moma Shakira

O Salnés
27 de febreiro 2023

Humoristas coñecidos pola súa participación en programas televisivos en Galicia como Isi, Jacobo Pérez e David Amor participaron nunha festa onde, segundo o Concello, se deron cita preto de 20.000 persoas

Festa do Momo 2023 / Concello de Vilanova de Arousa

O Concello de Vilanova de Arousa sitúa en preto de 20.000 persoas a participación na celebración da Festa do Momo, con máis de 2.000 persoas formando parte do desfile, que se alongou durante máis de tres horas na tarde deste domingo.

Este ano en lugar dun Momo, a actualidade levou á creación dunha Moma en referencia irónica á cantante Shakira e as súas referencias para Piqué e á súa sogra, que provocaron numerosas intervencións satíricas nunha xornada chea de humor, ritmo, música e gran ambiente.

Humoristas como David Amor, Jacobo Pérez e Isi, coñecidos pola súa intervención na Televisión de Galicia, formaron parte deste evento, que concluíu coa queima do simbólico personaxe.