Volve a Ponte Caldelas a Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos

Ponte Caldelas
19 de novembro 2022

Será o sábado 3 e domingo 4 de decembro. Haberá unha carpa na Praza de España e participarán máis de 30 expositores

IV Feira de Artesanía en Ponte Caldelas
IV Feira de Artesanía en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A Praza de España de Ponte Caldelas acollerá o sábado 3 e o domingo 4 de decembro a sexta edición da Feira de Artesanía e Produtos Ecolóxicos

A carpa que se instalará para o evento albergará a máis de 30 expositores cunha escolma dos mellores produtos feitos a man de toda Galicia.

Os postos abrirán de 11.00 a 20.00 horas e durante toda a xornada haberá música tradicional, obradoiros infantís, demostración e oficios, unha exhibición de bolos celtas, espectáculo de maxia, sorteos e outras sorpresas.

A organización do evento corre a cargo da Asociación Das Miñas Mans e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas. 

A actividade foi presentada esta no Concello pola organizadora, Arantxa Esperón e o alcalde, Andrés Díaz que aplaudiu esta iniciativa feita dende Ponte Caldelas e que é quen de atraer, ano tras ano, a prestixiosos artesáns. 

Este ano, o sábado 3 haberá unha exhibición de bolos celtas e o domingo 4 haberá espectáculo de maxia a cargo do Mago Marco. Nos postos poderán atoparse creación artesáns tales como roupa de lá, tallado de vidro e madeira, cerámica, todo tipo de complementos de bisutería, bolsos, esculturas feitas con area, marionetas, xoguetes de madeira, xabóns naturais, coiro, debuxos de arte rupestre, exposición de minerais e moitas máis cousas.