Xornada de despedidas na corporación municipal

Pontevedra
12 de xuño 2019

O actual mandato chega á súa fin. Tras catro anos de convivencia, os edís da corporación despedíronse este mércores. Algúns seguirán e outros non, pero todos eles reuníronse por última vez para aprobar as actas pendentes dos plenos e as comisións municipais

Sesión extraordinaria da corporación municipal para pechar actas
Sesión extraordinaria da corporación municipal para pechar actas / Mónica Patxot

O actual mandato chega á súa fin. Tras catro anos de convivencia, os edís da corporación despedíronse este mércores. Algúns seguirán e outros non, pero todos eles reuníronse por última vez para aprobar as actas pendentes dos plenos e as comisións municipais.

Os protagonistas, sen dúbida, foron os concelleiros que non repetirán no próximo mandato: Anxos Riveiro e Vicente Legísima (BNG), Aurora Cañizares, José Luis Martín, Tomás Abeigón, María José Rodríguez Teso (PP), Luís Rei e Mari Carmen Moreira (Marea) e María Rey (Cidadáns). Só faltaron á cita o nacionalista Luís Bará e o popular César Abal.

Despois da celebración dunha Xunta de Goberno, na que só participaron os edís do BNG, a sala de xuntas do Concello acolleu un pleno extraordinario e as últimas comisións informativas, que pecharon o traballo realizado no últimos catro anos.

A sesión concluíu cunha foto de familia á que se sumaron os membros da corporación que continuarán no mandato 2019-2023.

Son Miguel Anxo Fernández Lores, Anabel Gulías, Raimundo González, César Mosquera, Carme da Silva, Demetrio Gómez, Carmen Fouces, Pilar Comesaña e Alberto Oubiña (BNG), Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga (PP) e Tino Fernández, Iván Pontes e Paloma Castro (PSdeG-PSOE).

Ademais, o Concello acolleu unha xunta de portavoces -xa cos novos líderes- para preparar o pleno de investidura, que se celebrará o sábado no Teatro Principal.