Andaríns do Val do Lérez
Lampyris noctiluca. Vagalume, Lucecú, verme da luz. Luciérnaga
O Vagalume, lucecú, verme de luz (Lampyris noctiluca) o nome de fai referencia ao aspecto da femia, que é seguramente o estado máis coñecido deste coleóptero.
O aspecto das femias pode despistar algo porque recorda a forma das larvas. O corpo e alongado de cor negra mostrando os segmentos do tórax e do abdome. Ten ás moi rudimentarias, polo cal non voa e os seus desprazamentos están moi limitados.
As femias diferéncianse das larvas porque non posúen os puntos amarelos que decoran ambos os dous extremos de cada segmentos. Ademais, as femias só aparecen durante o verán, mentres que as larvas evolucionan dende uns poucos milímetros ata algúns centímetros durante dous anos, podendo verse nas catro estacións (aínda que nas latitudes frías hibernan).
O macho ten aparentemente pouco que ver coa femia. Aparte de ter un tamaño ostensiblemente inferior, posúe dúas ás ben desenvolvidas protexidas por dous élitros longos que ocultan todo o seu abdome. Outra diferenza notable é que conta cuns ollos ben desenvolvidos, moi útiles para discernir os contrastes de luminosidade.
Os vagalumes adultos non se alimentan durante a súa semana de vida (ou algo máis de tempo se non encontran rapidamente a unha parella) viven das reservas que acumulou sendo larva.
Ciclo de vida
Con tan só 5 mm de lonxitude, a súa principal tarefa consiste en buscar a primeira presa. Tras repousar unhas horas para que a cutícula se endureza, comeza a busca de presas.
A forma e a cor das larvas son moi características. O seu corpo está formado pola cabeza á que lle seguen uns segmentos semirríxidos e articulados, a xeito dunha armadura.
A cor do corpo é negra, destacan dous puntiños cunha coloración que vai do amarelo claro ao alaranxado en cada un dos extremos dos segmentos.
Durante o seu primeiro outono as larvas dedícanse a buscar caracois, podendo mudar unha ou dúas veces ata que cos primeiros fríos entran en estado de hibernación baixo madeiros, pedras ou follaxe. Nos lugares onde as temperaturas non descenden por debaixo dos 4º C pola noite, poden seguir cazando caracois e brillar durante todo o inverno.
A larva móstrase activa principalmente nas horas nocturnas, evitando o día debido á insolación.
Alimentación
Está adaptada aos hábitos das súas presas polo que non é éstrano que mostre predilección polos ambientes húmidos. Os vagalumes aliméntanse de caracois e babosas. Parece que é capaz de seguilos polo rastro mucoso, tamén intercepta as súas vítimas simplemente por contacto nos seu vagabundeo, detectándoas co par de palpos que ten na súa cabeza. Unha vez que localizou a súa presa, a larva do vagalume monta sobre eles e inmobilízaos asestándolle unha dentada coas súas mandíbulas, que contan cun conduto a través do cal pasa un xugo excretado polo intestino da larvas que ademais de paralizar a presa, rompe e dixire os seus tecidos, converténdoos nunha papa que absorbe.
Durante o seu desenvolvemento, unha larva de verme de luz pode comer máis de setenta caracois.
Nos meses comprendidos entre abril e xuño a larva pode abandonar os seus hábitos nocturnos, sendo posible encontrala marchando mesmo a plena luz do día. Cara ao mes de xuño a larva está preparada para pasar ao estado de pupa. Para iso buscará un sitio protexido como un madeiro ou unha pedra. Poden chegar a xuntarse un grupo de larvas para pupar, o que parece ser unha vantaxe para a fase seguinte, posto que como as femias practicamente non se desprazan así asegúranse a proximidade dos machos. O cabo duns dez días emerxe a femia, os machos demóranse entre catro a seis días máis.
O cortexo
Estando xa no verán do segundo ano, transcorridas unhas poucas horas, as femias comezan o seu cortexo luminoso. Usualmente permanece no chan, entre a herba, sobre pequenos montículos, aínda que non é estraño que trepen por algún filamento de herba ou que estean no exterior das pedras dos muros. En xeral buscarán posicións dende onde a súa luceciña sexa visible. Para iso, curvarán o seu abdome de maneira que os fariños queden ao descuberto.
As femias son moi sedentarias e xeralmente non se moverán do mesmo sitio noite tras noite ata que se emparellen. Durante o día escóndense en ocos de pedras, pequenos buratos na terra ou entre a follaxe, evitando así as altas temperaturas.A femia mostra a luceciña pouco despois do atardecer. Unha vez que conseguen chamar a atención dun macho, aparéanse e comeza a apagar o seu faroliño. A maior parte das femias, adoitan ter sorte, polo que brillan soamente durante unha noite. (Os que brillan durante varias noites seguidas, son aquelas que non tiveron éxito na súa busca de parella). E preparase para a posta, que acontecerá nos días posteriores duns 50 a 150 ovos esféricos, os cales miden aproximadamente 1 mm de diámetro e que inicialmente, e durante uns días, poden brillar cunha luz amarela feble. Aproximadamente ao cabo dun mes as larvas eclosionan. A vida dun vagalume desenvolvese durante dous anos. Na época donde se fan máis patentes e de finais de xuño a principios de agosto, dependendo da zona xeográfica e das condicións meteorolóxicas dese ano.
*Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez