Andaríns do Val do Lérez
Avenoiteira cincenta
Caprimulgus europaeus
Chotacabras gris
Descrición: A avenoiteira cincenta e unha ave de hábitos crepusculares e nocturnos, excelente cazadora de insectos voadores nocturnos.
Con unha lonxitude de (24-28 cm) e unha envergadura de (52-59 cm).
Ave que polo colorido da súa plumaxe e moi difícil de ver, xa estea pousada nunha pola ou no chan. Aínda que pasemos preto dela, quedase no chan pasando desapercibida.
Hábitat: A avenoiteira cincenta prefire zonas abertas con arborado disperso ou bordos de bosques, piñeirais e soutos sempre que non sexan moi pechados.
Alimentación: A súa dieta componse principalmente de insectos nocturnos como avelaíñas e escaravellos que captura durante o voo, que parece errático e planeando coas ás en forma de V ou lanzándose dende unha pola. Ten unha boca moi grande, e con vibrisas ou bigotes nos lados, que leva completamente aberta durante o voo, capturando así as súas presas.
Ave migradora, que pasa o inverno en latitudes tropicais africanas, aparecendo entre nós no mes de abril.
Canto: O canto un característicoerrrr-rrrurrr-errrr,acompañado de palmadas que fai coas ás, que teñen un longo alcance, e de longa duración.
Como principais causas do seu declive cítase a degradación do hábitat, incendios forestais e a utilización excesiva de praguicidas, tamén os atropelos xa que esta ave gusta de pousarse nas estradas e pistas que atravesan en gran cantidade os nosos montes.
Aparece no catalogo nacional de especies ameazadas como de especial interés.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez.