Andaríns do Val do Lérez
Moucho de orellas. Otus scops. Autillo europeo
Descrición: A mais pequena das nosas rapaces nocturnas de lonxitude (19-21 cm) e envergadura (47-54 cm). Ave que pasa moi desapercibida polo excelente camuflaxe que lle proporciona a súa plumaxe, confundíndose moi ben cos troncos das árbores sendo moi difícil de ver, pero fácil de escoitar na primavera e verán xa que ten un característico canto un "tiuu" ou "kiuu" afrautado, que soe repetir cada 2 ou 3 segundos, pola tarde cedo, aínda sendo dia. Posúe unhas plumas facéndolle unha forma de orellas que son o que lle da nome.
Hábitat: De carácter forestal, aínda que prefire formacións arbóreas non moi densas como bosques de ribeira, parques, carballeiras e piñeirais abertos.
Aniña en buratos das arbores, niños de peto, niños de córvidos, as veces en paredes, e construcións humanas e acepta moi ben as caixas niño.
Alimentación: A súa dieta componse principalmente por invertebrados (bolboretas, grilos, saltóns,etc), aínda que as veces tamén captura pequenos vertebrados (roedores, aves, réptiles).
Temos que saber que se trata de un migrador transahariano, polo que so o escoitaremos dende principios de primavera.
Ameazas: O moucho de orellas aparece como "De especial interés" no catalogo nacional de especies ameazadas. Os principais problemas de conservación que sufre esta rapaz devense a alteración do hábitat, perda de soutos fluviais e arbores vellos, expansión urbanística, os incendios forestais e o emprego de sustancias tóxicas na agricultura o que fai que teña unha gran diminución de insectos sendo estes as súas presas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez.