Xesús López Fernández
Ence, hora de executa-la sentencia
Por concesión estatal de xuño do 1958, o dominio público marítimo terrestre de Lourizán está nas mans do Grupo Empresarial Ence. Outras actividades están presentes nese espacio, algunhas sen concesión nen licencia municipal. Ence, presuntamente está fóra da lei por ter perdido a súa, por diversas vías, dend´o 2001, dito moi en breve. Aquí veu funcionando, ó parecer, unha auténtica ecomafia porque as Administraciós, as tres, non entraron a resolve-lo problema das diversas ocupaciós ilegales de certas empresas e infraestructuras. Pra tentar acabar coesas presencias e coa contaminación da nosa ría foi necesario crea-la asociación Salvemos Pontevedra, que comezou a súa cruzada no ano 2004, en contra da actitude das Administraciós de esquece-los seus deberes, de mirar cara outros lados. Demasiados anos sofrindo esas presencias, marcada a nosa existencia, convivencia e saúde, especialmente por Ence i Elnosa. Pero o Tribunal Supremo acaba de desestimare dous recursos de casación de Ence e do MARM e favor boa a sentencia da Audiencia Nacional do 19.05.2011, á que lle acaba de pasar orde de incoa-lo procedemento de caducidade da concesión e de interrupción da súa actividade industrial. Un artículo de Víctor Honorato, en El País, refírese á situación que está a vivire a pasteira, como tamén ás demandas de Salvemos Pontevedra, disposta a pedir, si é preciso, a execución forzosa da sentencia. Os políticos xa perderon o seu discurso falsamente ecoloxista.