Andaríns do Val do Lérez
Xílgaro. Carduelis carduelis. Jilguero
Xílgaro
Carduelis carduelis
Jilguero
Descrición: Paxaro inconfundible e moi popular, distinguible con facilidade polo seu vistoso colorido e plumaxe. Na cabeza mostra unha inconfundible cara vermella, xunto a liñas brancas e negras. Posúen un pico de base ancha, longo e rematado en punta. Cando voa pódense identificar ben a presenza de dúas bandas nas ás de cor amarelo dourado.
E moi habitual velos en bandos, a veces moi numerosos.
Hábitat: Establécese en gran número de hábitats, sempre que atopen certa cobertura arbórea. Abunda en prados con lindes vivos, veigas fluviais con herbas ou cultivos herbáceos de regadío, e piñeirais naturais ou plantados.
Alimentación: Trátase dunha ave granívora, especialista en extraer sementes dos cardos, consumindo tamén xemas florais.
Canto: Con un canto moi agradábel e fermoso unti-ke-lit, telit-telit-tikelit-telit que pode chegar a ser o seu gran problema.
Niño: Instala o niño en ramas altas de árbores ou arbustos. Este resulta moi esbrancuxado, xa que emprega moitas fibras vexetais e animais brancas, como por exemplo, recolle as fibras da lan de ovella prendida nos arames de espiños. Acostuma a ter mais dun ciclo reprodutor.
Ameazas: Moi perseguido e trampeada polo seu canto e colorido, tanto para enreixar coma para cruzar con outros paxaros cantores co cal morren moitos exemplares.
Ademais sofre un uso abusivo de herbicidas e praguicidas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez.