Andaríns do Val do Lérez
Saramaganta. Chioglossa lusitanica. Salamandra rabilarga
Especie: ÿ a outra especie de píntega galega, aínda que é moi diferente á súa parente a píntega común. Cos ollos grandes saíntes e extremidades reducidas, de cor xeral parda escura, case negra con dúas franxas na zona dorsal de cor dourada que se xuntan o comezo da cola formando unha soa franxa.
De movementos rápidos e áxiles, de forma estilizada cunha longa cola de sección redondeada, a cal pode dobrar o tamaño deste urodelo. Endemismo do noroeste peninsular.
Hábitat: Vive en zonas con regos de auga limpa e suficientemente osixenadas con boa vexetación nas beiras, en fragas ou outro tipo de bosques caducifolios con zonas sombrías, aínda que pode afastarse dos cursos de auga.
Características: Especie de actividade nocturna, ten a lingua protráctil (que pode proxectala fóra da boca) para capturar insectos, arácnidos e miriápodos. ÿ o único anfibio galego que pode perder a cola como as lagartas. Ás veces pódese atopar tamén de día nalgunhas fragas sombrías.
Ameazas: Contaminación dos regueiros e ríos, tamén a proliferación de especies invasoras, así como a redución dos bosques autóctonos.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.