Andaríns do Val do Lérez
Limpafontes palmado. Lissotriton helveticus. Tritón palmeado
Especie: De tamaño e costumes similares ao Limpafontes común. Cor café con leite con manchas irregulares negras, ventre de cor amarelo ou laranxa claro, ten un anteface que vai dende o fociño ate a parte traseira da cabeza.
Hábitat: Podemos atopar esta especie en lagoas, charcas, encoros, pozos ..., gusta de diferentes masas de auga, sempre que sexan estancadas ou de corrente moi lenta, tolera ben augas turbias, non precisa que as augas sexan totalmente limpas.
Curiosidades: Unicamente son os machos o que teñen as patas palmeadas en época de celo, e deso recolle o nome esta especie. Cola con crista caudal, de sección aplanada lateralmente. Algo máis diúrno que o Limpafontes común. Aliméntase de larvas de insectos acuáticos ou mesmo dos insectos adultos.
Ameazas: A contaminación e alteración de charcas e masas de auga das que tanto depende para a reprodución e o desenrolo das larvas, así como a introdución de especies invasoras.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.