Andaríns do Val do Lérez
Limpafontes verde. Triturus marmoratus. Tritón jaspeado
Especie: ÿ o máis grande dos nosos tritóns, inconfundible polo súa cor verde xaspeada de negro, coa zona ventral gris escura con pintas negras, as femias dun cor verde máis vivo e unha liña vertebral laranxa.
Hábitat: Podémolo atopar en augas estancadas como charcas, pozos ou incluso en bosques sombríos sen masas de auga. Posiblemente sexa o mais terrestre dos nosos tritóns.
Curiosidades: Durante a época de celo nos machos apréciase unha gran crista dorsal e caudal. Aliméntase de larvas de insectos, oligoquetos, caracois e lesmas aínda que tampouco desprezan ovos e cagados doutros anfibios.
Ameazas: Desecamento de zonas húmidas, contaminación, a introdución de fauna alóctona e a transformación e deterioro de zonas de cría.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.