Andaríns do Val do Lérez
Estroza "Ra de santo Antón". Hyla arborea. Rana de san Antonio
Especie: Ra pequena e gordecha, inconfundible pola súa cor verde viva e brillante. ÿ de hábitos gabeadores grazas ás dedas que rematan nunhas pequenas ventosas que lle permiten adherirse a calquera superficie para trepar.
Polos costados teñen unhas liñas de cor marrón escura ou negras, que van dende o fociño, pasando polos ollos, ata chegar as inguas separando o dorso do ventre que é de cor branco ou cincento.
Hábitat: Encontrámola en zonas húmidas con abundante vexetación, en lagoas, encoros con algún regato preto, e case sempre enriba da vexetación ou trepando por ela. ÿ moi frecuente atopala enriba de toxos, silvas, etc.
Curiosidades: Grazas ao seu saco vocal, emite un canto moi forte comparado co seu tamaño, o que fai que nalgúns lugares a chamen "O Ranón"
Ameazas: O desecamento de zonas húmidas, os incendios e que durante moito tempo algunhas das lagoas que frecuenta usáronse como vertedoiros polos humanos,tamén lle afecta a introdución de especies exóticas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.