Andaríns do Val do Lérez
Sapiño pinto. Discoglossus galganoi. Sapillo pintojo
Especie: Este sapo é máis parecido morfoloxicamente a unha ra que aos sapos, xa que ten a pel case sen verrugas e sen glándulas parótides. De patas longas aínda que non tanto como as ras tamén se move a saltos, algo moito máis raro nos outros sapos.
A pel dorsal é de cores pardos ou oliváceos con manchas irregulares ou bandas de cor máis escuro.
Hábitat: Sapo que acostuma estar moi ligado a auga, aínda que non é moi esixente coa súa calidade. ÿ moi frecuente en arroios, pozas, charcas, prados, terreos de asolagamento e tamén nas gabias.
Curiosidades: Polos costumes que ten este sapo, hai moita xente que o confunde coas ras.
Ameazas: A introdución de especies alóctonas invasoras e o desecamento de zonas húmidas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.