Andaríns do Val do Lérez
Escáncer común. Anguis fragilis. Lución
Especie: Os machos son de coloración dorsal pardo ou marrón uniforme e poden ter manchas azuis. As femias teñen unha banda de cor ocre clara no dorso e unha liña vertebral de cor negra. Esta especie carece totalmente de patas.
Hábitat: ÿ unha especie de réptil que non precisa tanto de sol e calor, podéndoa atopar en zonas moi húmidas e sombrizas con bastante vexetación. Frecuenta prados, bordes de camiños, terreos de cultivo, pasteiros ou as beiras dos ríos. ÿ máis raro atopalos en terreos abertos e despexados.
Tamaño: A lonxitude total está entre os 40 e 50 Cm. Curiosidades: Ás veces atopámolos nas beiras ou moi preto dos ríos onde está moi exposto e en ocasións mollado pola auga do río baixo algunha pedra das marxes.
Ameazas: Os praguicidas, incendios, destrución do hábitat, e atropelos nas estradas e pistas.
'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez