Andaríns do Val do Lérez
Cobra lagarteira común. Coronella austriaca. Culebra lisa europea
Especie: Cobra de pequeno tamaño. A súa coloración pode ser parda, ocre ou gris. Na parte traseira da cabeza ten dúas liñas escuras que se fragmentan á altura do pescozo nunha serie de manchas transversais que lle percorren o dorso. Tamén teñen unha mancha ou liña nos laterais que van dende o orificio nasal ate o pescozo, atravesando o ollo. No ventre a coloración é bastante uniforme e pode ser de cor gris, parda ou negra.
Hábitat: Podémola atopar en moitos hábitats; fragas, piñeirais, bordes de prados, camiños de terra, terreos de labor, zonas húmidas como brañas ou en muros e valos.
Curiosidades: No debuxo intentamos reproducir as diferenzas máis evidentes entre a cobra lagarteira común e a cobra lagarteira meridional, xa que son bastante parecidas. ÿ ovovivípara. Os ovos se incuban no interior da nai ata que as crías rompen a casca do ovo e saen ao exterior xunto cos restos das cascas.
Tamaño: Poden chegar os 70 - 75 Cm.
Ameazas: Os incendios forestais, atropelos nas estradas e pistas forestais, e tamén os humanos, que non diferenzan entre velenosas e non velenosas, e non pensan no beneficio que producen na agricultura xa que se alimentan de ratos. Aplícanlle o termo bicha, e polo tanto danlle morte.
'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez