Andaríns do Val do Lérez
Cobra de colar. Natrix natrix. Culebra de collar
Especie: Cobra de mediano ou gran tamaño. A coloración pode variar coa idade. De xuvenís poden ser dun ton azulado escuro ou prateado, e a medida que van facéndose máis adultos van cambiando, chegando a un verde oliva. Os adultos poden conservar a típica mancha do pescozo en forma de colar.
Hábitat: Aínda que tamén é acuática, ten menos dependencia da auga que a cobra viperina, polo que a podemos atopar en ríos, encoros, charcas, lagoas, terras de labor, fragas, piñeirais, e xardíns ou prados.
Tamaño: Pódense dar casos excepcionais de ate 200 Cm, aínda que o tamaño normal esta entre 100 e 140 Cm.
Curiosidades: Especie que podemos ver nadando en masas de auga doce ou vivindo lonxe de calquera zona acuática. No debuxo quixemos mostrar os cambios de coloración dende xuvenís ate adultos ( arriba xuvenís, abaixo adulto).
Ameazas: A degradación e deterioro dos ríos e masas de auga, os incendios forestais, os atropelos e a morte a mans dos humanos.
'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez