Andaríns do Val do Lérez
Consellos para ser un bo observador da natureza (I)
Un naturalista a diferenza dun simple excursionista non só sae ao campo para gozar dun paseo pola natureza, senón que ademais acostuma a ter uns importantes obxectivos como descubrir, observar e estudar os seres vivos, así como fixarse e tratar de entender o que acontece o seu redor, para realizar este empeño é moi bo ter as calidades de saber moverse no campo, estar moi atento e ter sempre os sentidos en alerta. A persoa debe ser moi curiosa, preguntarse sempre o porque disto, que será iso, porque acontece aquilo, quen faría iso outro, etc.
Deberá ter consigno sempre un caderno de campo, onde poder anotar todo o que acontece e as dúbidas que lle xurdan. Cos datos recollidos e unha vez na casa podemos contrastar a información xa sexa preguntando a algún compañeiro, comprobalo nalgunha guía ou por internet daríamos resposta ás posibles dubidas e ampliar a información dos descubrimentos que se fixeron durante a saída de campo. Son moi importantes as anotacións pois o que non se anota e esboza acaba esquecéndose máis pronto do que pensamos.
Sempre é preciso ter paciencia, é saber esperar e nunca desesperar. Moitas veces ao moverte ou cando xa marchas e cando empezan a acontecer cousas interesantes. Si queremos ver seres vivos en total liberdade temos dúas posibilidades: esperar a que aparezan ou ir na súa busca. Para esperar a que aparezan, teremos que localizar un sitio onde, xa sexa por que hai pegadas, vexamos tobeiras ou porque nese lugar localicemos sendas de paso de animais, sabemos que teremos oportunidade. ÿ importante para garantir o éxito da observación que teñamos en conta a dirección do vento para que non lles chegue o noso cheiro, tentar estar o máis quieto e mellor camuflado no ambiente, polo cal non deberiamos levar cores vivos senón ter as mesmas cores que hai nese punto da natureza. Polo contrario se decidimos ir o seu encontro, a gran maioría das veces quedaremos sen ter observado nada. Un naturista sempre ten que saber valorar e coidar o que atopa na natureza, ten que ter como primeiro obxectivo o protexela, tendo moito coidado de non facer dano ou de estragar nada, cun mínimo de sensibilidade pasas a integrarte co medio pasando a ser un elemento máis do ecosistema do lugar. Hai que ter moi claro que na natureza todo cumpre unha función, por iso non hai cousas e seres nin bos nin malos; todos viven relacionándose entre si facendo que a súa existencia sexa necesaria e enriquecedora para o conxunto da vida no lugar.
Traballo feito por Juan Ramón, Amancio Castro e Conchi Mumary da Asociación Andaríns do Val do Lérez