José Freire
Sodoma
Non sei lle pasará a vostede, estimado lector, pero a min, cada vez resúltame máis noxento ver, escoitar ou ler novas sobre a detención ou implicación dalgún político, alto funcionario público ou banqueiro, por branqueo e evasión de capitais, fraude á Facenda Pública, tráfico de influencias, suborno, financiamento ilegal de partidos políticos, falsidades documentais e un longo etc.. Poderíamos relatar unha cantidade interminable de nomes cos que se denominan as operacións policiais ou xudiciais. Empeza a ser demasiado o número como para non preocuparse, e que se estea convertendo nunha verdadeira lacra e preocupación para os cidadás decentes. ¿ÿ posible que, ao igual que en Sodoma, podamos atopar dez, vinte ou cincuenta xustos, para evitala desfeita social?.
E o perigo de todo isto non é só a implicación dun número determinado de persoeiros da clase política ou banqueiros, senón que a corrupción en España está moi solidamente instalada, forma parte do sistema existente sen a cal nada funcionaría. A miña percepción, e coido ca de moitos cidadáns, é que dende as máis altas institucións ata o último español temos prácticas corruptas que escandalizarían noutros países e que aquí forman parte da rutina diaria. Iso queda ben expresado nunha conversa que circula pola rede e que non me resisto a reproducir:
Que vas tomar? -Unha cervexa especial. -Por favor, dúas cervexas especiais, das caras. -Oe, ¡canto tempo sen vernos! -Si, xa era hora que botásemos unhas cervexas e charlásemos. -Como che vai? -Non me podo queixar. Sigo co taller no pobo. E ti? -Bo, pasei polo tribunal médico e déronme a invalidez grazas a Xan Soa, o avogado do pobo, pero sigo atendendo o negocio coa miña muller aquí na capital. -Fixeches ben porque está moi fodida a situación. Eu tiña a tres traballadores contratados no taller, pero falei con eles e chegamos a un acordo de despedimento, pero seguen traballando. -Están despedidos e seguen traballando? -Si. Vénnos ben a todos: eu aforro os seguros sociais, que son altísimos e eles cobran o paro e o soldo, pero claro, págolles menos que cando tiñan contrato. Todos contentos: eles gañan máis e eu tamén.
-E se te enganchan? -Quen vai pasar polo pobo? Ademais, os tres talleres do pobo facemos o mesmo e non nos imos a denunciar uns a outros porque nos prexudicariamos. -!Ah¡ vale. A nós, no negocio, un día visitounos un inspector de traballo e, por sorte, eu atopábame na porta do local, fumando un cigarro. -Pero estaría a túa muller? -Non, que va, o negocio en realidade lévoo eu, pero díxenlles que o rexentaba a miña muller, que é a que aparece nos papeis, e que eu estaba alí ocasionalmente porque ela saíra un minuto a un asunto urxente. Sorte que ao 'panchito' que teño alí sen contrato estaba ese día no médico?-E tragouno? -Ao parecer si. De feito foise e non volveu máis. Pero, acolloeime un pouco xa que se o inspector non se traga aquilo múltanos e se cadra perdese a paga. Polo menos iso díxome Xan Soa.
-A verdade, é que estes inspectores son uns crédulos ou se cadra é que están desmotivados porque gañan menos. Total, para o que fan, moito gañan aínda. Falando de inspeccións, a miña filla pequena estivo a piques de perder a beca porque alguén foi por aí contando que o taller non estaba declarado e dábanos moitos ingresos e tal. Dende ese día prohibinlle que vaia co seu BMV A3 e o seu iPhone 5 á clase. -E que pasou? -Non nada, non se puido demostrar o que dicía o cabrón anónimo xa que o teño ben atado. A nena segue cobrando todos os anos a beca máxima, que é para ela soa. (Irrompe un ton de teléfono móbil: ¡¡Pola miña filla maaaaato!!) -Tío, que me levei un susto con ese ton da tipa esa da tele, como se chama...? -Si, a Esteban, esa si que é lista, jeje, perdoa, que é un provedor. ¡Oe, que significa esa factura con IVA do outro día! Como? Nada diso. Emítesma de novo sen IVA ou non cobras...si, ata as seis estou alí. Ata logo. -Quérenche meter o IVA? -Si, díxenllo ao tío das pizzas mil veces e segue dálle que che pego co IVA dos....,e aínda por riba agora que o subiron os chourizos estes do Goberno. -Vaia merda de país, con tantos impostos. -Por certo, sabes que merquei un Audi. Si, cal? -O Q7 -Foder ¡o que levan os futbolistas!, que cacho máquina...custouche moito. -Si, é caro, pero aforrei unha pasta. Se queres dígoche cómo. -Dime, dime... -Tes a algún minusválido na túa familia ou a alguén de confianza que o sexa? -Pois non sei, tería que velo... -Eu púxeno a nome do meu pai que, como sabes, ten unha gran minusvalía. Aforrei o Imposto de Matriculación, fixéronme unha rebaixa no concesionario, non pagarei xamais o Imposto de Vehículos ao Concello e, aínda por riba, aparcarei onde me saía dos güevos, en calquera praza de aparcadoiro reservada para minusválidos. Por que te crees que hai tanto coche de gran cilindrada co cartel de minusválido nas rúas? -Estás en todo, macho, pero tragaranse que o teu pai conducirá iso con 80 anos sendo minusválido? -Estes do Concello trágano todo. Por certo, falando do Concello decatácheste o do alcalde do pobo? ¡Que cabrón! ¡Que ben amañado tíñao todo! ¡Que pouca ética! A min estrañábame que a recolleita de lixo sempre a gañase a mesma empresa. -Si, ¡que cantidade de corruptos nos gobernan! E aínda por riba hai que sostelos a todos. E o asunto dese que era Presidente da Xunta de Andalucía, dándolle un pastón á empresa da filla?, por non falar das comisións do neno...que manada de corruptos, ¡vaia merda de país! -Nin co digas, vaia país de lerchos e corruptos gobernándonos. Non hai que votar a ningún, que son todos iguais. Van ao que van. -Oe, queres outra cervexa? -Si, si, vale. Pero desculpa un segundo, que vou a asomarme a ver o coche, que está en segunda fila.
¿Temos os políticos e gobernantes que nos merecemos?. ¿Somos o pobo que debemos ser?.
Hai se houbera dez xustos....
12.01.2013