Beatriz Suárez-Vence Castro
Unha viaxe polo Tempo
A Edición 0 de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, encheu durante toda a fin de semana o Teatro Principal de zume novo e de vella sabiduría, nun fermoso encontro entre xeracións unidas por unha pasión común: O cine.
Como resume o logo da edición: Cine-mas, o cine é moito máis que imaxes en movemento. Calquera obra cinematográfica ven sendo unha radiografía da alma do autor: a imaxe, proxectada dos seus sentimentos máis profundos. A imaxe, que quedará, unha vez exposta, na retina do espectador.
O cine é tamén un fermoso xogo de miradas: a do cineasta a través da cámara; a do espectador a través da pantalla, e mesmo a ollada dos actores, dos iluminadores, de todos os que fan posible que esa radiografía dun sentimento chegue ata nós.
O Cine é Arte, e a arte fai o milagre de unir a xente diferente: diferente en gustos, opinión e mesmo xeracións.
Novos Cinemas é un fermoso proxecto que nace da factoría de Daniel Froiz, Ángel Santos é Suso Novás, productor e programadores, dun festival que tenta facer precisamente iso: proxectar Pontevedra a través da maxia do cinema. Dende Pontevedra como lugar de encontro veránse óperas primas, segundas obras ás veces, que terán o primeiro punto de difusión no Teatro Principal.
A edición Cero, ademáis das películas, todas na sua versión orixinal subtituladas ó castelán, contou no seu programa con debates e coloquios coa participación de cineastas invitados,e foi apadriñada por Javier Rebollo. Sua foi a primeira quenda de proxeccións coa película Lo que sé de Lola, e tamén o prólogo dun dos clásicos do cine francés: Os catrocentos golpes, de François Truffaut. Con ela comenzou a nosa viaxe no tempo,a primeira estación: O mundo de Antoine Doinel, un rapaz que se enfronta tamén a un camiño iniciático: o da adolescencia, nun entorno de adultos hostiles ó que non está moi seguro de querer pertencer: a vida en branco e negro dun neno que quere ser home para poder escapar cara ó mar como o único reducto de liberdade e que coa sua mirada acúsanos os maiores de ter feito un mundo obcecado na tarea inútil de moldear espíritus indomables por medio da violencia e o abuso.
Os catrocentos golpes van directos ó corazón do espectador que asiste, impotente, a conversión prematura de Antoine nun adulto, que máis que adulto é un neno co corazón envellecido polo sofrimento da inxusticia, nunha sociedade gris que baixo o seu disfraz de decencia non admite os gritos de liberdade , nin sequera cando saen das gargantas dos nenos, e que acaba pervertindo a inocencia que aparenta defender, machacando a rebeldía sen indagar no seu sentido.
Á segunda estación da nosa viaxe chegamos o sábado. Foi a quenda de Un Jeune Poete, película do realizador francés Damien Manivel, seguida dun segundo filme: Les amigues de L’Agatha rodada como exercicio de fin de Carreira de catro rapazas catalanas: Laia Alabart, Alba Cros, Laura Rius e Marta Verheyen. A cinta aborda os conflitos ós que se enfrenta unha cuadrilla de amigas cando unha delas comenza a ter inquedanzas distintas ás das demáis.
A xoia da edición Cero , na miña opinión, chegou o domingo da man de João Pedro Plácido, co filme documental Volta á Terra. Tivemos o privilexio de asistir a un exercicio cinematográfico de intensidade visual case pictórica, coa terra como a verdadeira protagonista, rodeada de persoaxes que articulan a sua existencia ó redor dela, nun mundo rural que segue o ritmo das estacións, coa Natureza sempre presente, na que atopamos o último reduto de pureza dunha sociedade que está no tan alonxada da cidade xeográficamente, como de espíritu.
O xoven Manoel fainos pensar no neno Balvino de Neira Vilas, pasado polo filtro do tempo. Un tempo maravillosamente definido na escena en que fala coa sua noiva por un teléfono móvil, mentres chama as vacas co son aprendido do seu avó, un home que, a pesar dos achaques, segue facendo os traballos do campo e dando as grazas a Deus por cada xornada no campo. Lonxe de retratar un mundo anacrónico, en vías de extinción como puidera parecer, a mirada chea de sensibilidade do realizador amosa toda a vitalidade e a autenticidade dunha sociedade que non se dá por vencida, que mantén a suas tradicións, o seu carácter e o seu orgullo.
Joao Pedro Plácido transmite toda a poesía e a nobreza do mundo campesino que aínda mantén, coma o tesouro que é, a humildade fronte a superioridade superficial coa que as cidades e o seu mundo urbanita miran ós pobos coma Uz, como tantos otros, que seguen a carón de nos, por moito que tentemos deixalos atrás nunha suposta evolución que, ós ollos do realizador ,ten moito máis de involución no que respecta ós valores fundamentáis.
Volta á Terra arrancou os aplausos máis cálidos desta Edición 0, despois dunha pausa necesaria para asimilar a emoción intensa que a película deixa no espectador.
Daniel Froiz recordou no acto de clausura, que contou con Lois Patiño e o grupo Esquelas nunha lograda sinfonía de música e imaxe, a necesidade de apoio financieiro para que o festival siga crecendo, por parte das empresas e das institucións da cidade.
A él tocoulle o papel menos agradecido, máis prosaico pero necesario porque a arte sen mecenazgo é menos posible.
A pesar diso a mín gustaríame que este festival, tan noso, non prostituíse a su esencia ó crecer, que pasase do esforzo que supón facer as cousas cun presuposto baixo a un presuposto razoable, como para que o diñeiro deixe de ser motivo de preocupación e permita traballar con máis folgura pero sen alardes e brillos de alfombra vermella e posados patakis. Os galegos aínda que teñamos vocación de internacionalidade somos moi "de aquí". O noso é o noso.
A mín gústame a familiaridade dese vello edificio que se encheu de xente nova sen renunciar o traballo indispensable da persoa que, a punto de xubilarse, garda con seriedade de Garda Xurado a pesada porta, e pasa o lector electrónico polas entradas coa zamarra posta e é quen de abrirte debaixo dun chuvazo (a choiva non podía faltar á cita) ainda que chegues impresentablemente tarde, ó mesmo tempo que che bota un rapapolvo que te leva de volta á nenez, como un avó ou un vello mestre; o único capaz de poñerte no teu sitio por moi crecidiña que esteas. Se iso non é un exemplo de profesionalidade non se me ocorre outro mellor para os mozos voluntarios que estiveron tamén ó pé do cañón para que todo funcionara.
Gústame esa mestura de xeracións que continúa cos nenos de Cris que é a persoa ó cargo do proxector, vendo traballar o seu pai, e no bebé de Javier Rebollo, os coloquios informáis, a cervexa na Casa da Luz falando do cine e da vida porque, ó fin e ó cabo un é o espello da outra, e mesmo axuda ás veces a comprendela.
O capital humamo que ten o festival, incluídos os espectadores e que é tan necesario coma o outro para a continuidade do festival e dende logo moito máis importante. Todo iso é o que non me gustaría perder.
O contraste das antigas e fermosas pedras do Teatro Principal restaurado, albergando as steadycams, que aparecían de repente nun recuncho, manexadas por alguén moi xoven, concentrado en captar o mellor plano.
A todos os que amamos o cine e a cidade de Pontevedra parécenos un regalo de Nadal, poder contar con Novos Cinemas e estaremos encantados de asistir á Primeira Edición que arrinca en Xuño.
Cheguemos onde cheguemos, lonxe ou non tanto, estará ben porque como recordou Suso Novás na derradeira xornada desta Edición Cero, o importante da viaxe non é onde chegas se non o camiño que percorres. Eu penso que ademáis é importante facelo xuntos, creando sinerxias, apoiándonos todos, seguindo coa orixinal mestura de novo e antigo, sen rexeitar nada. En definitiva trátase de sumar, como amosa o slogan.
Novos Cine-mas lévanos de viaxe cara ó exterior coa equipaxe que levamos dentro. Prendamos forte a butaca e disfrutemos do traxecto.