Marta Samartín Toimil
Enfermidades Inflamatorias Intestinais
Alimentación en Enfermedad Inflamatoria Intestinal
Nas Enfermidades Inflamatorias Intestinais (EII) non existe ningunha dieta ou plan alimenticio que resulte beneficioso para todas as persoas que as sofren. As recomendacións dietéticas deben ser formuladas de xeito personalizado, en función da sección do sistema dixestivo que estea afectada e dos teus síntomas. Ademáis dentro da enfermidade de Crohn concretamente, o que funcionou fai uns meses pode xa non servir para agora, así como o que lle pode ir ben a un compañeiro teu coa mesma enfermidade, non ten por qué ser adecuado para ti.
O que sí está claro é que se pode obter una mellora na calidade de vida se prestamos atención a alimentación sobretodo cando estamos nunha etapa de brote. Nas fases de remisión, a túa alimentación será o máis parecida posible aos do teu entorno.
Os principais obxectivos no tratamento nutricional das EII son:
- Manter e mellorar o estado nutricional do paciente para así evitar a perda de peso e a malnutrición (MN), que aumenta o risco de complicacións principalmente de tipo infeccioso.
- Diminuír a debilidade e por conseguinte a osteoporosis e risco de fracturas.
- Reducir a inflamación da mucosa intestinal e favorecer a súa rexeneración.
- Manter no tempo as etapas de remisión e diminuír a dependencia aos corticoides, posto que estes poden producir perdas de ata 1 ou 2 kg de músculo.
- Evitar hospitalizacións e ciruxías por complicacións.
É de suma importancia contar cun adecuado aporte de nutrientes tanto en cantidade como en calidade para manter unha nutrición óptima. Está demostrado que non hai ningún alimento que empeore a sintomatoloxía da EII nin que provoque un brote nin unha remisión, polo que alimentación dos enfermos de EII debe ser equilibrada, sana e variada, e non lle ter medo á comida.