Marta Samartín Toimil
Nutrición nas fases de brote da enfermidade
Chamámoslle fase aguda da enfermidade cando aparece un brote; éste pode ser en función da súa intensidade leve, moderado ou grave.
Ante un brote agudo o máis frecuente é que sexa suficiente seguir una dieta oral, pero se o brote é severo pode ser necesario aportar nutrintes directamente ao tubo dixestivo a través dunha sonda (nutrición enteral) ou por vía sanguínea (nutrición parenteral).
Neste periodo vénse aumentados os requerimentos nutricionales polo proceso inflamatorio e infeccioso, tamén hai un aumento das pérdidas pola inflamación da mucosa e malabsorción de nutrintes pola diarrea.
Non hai consenso sobre se existe una dieta máis ou menos indicada para as EII. Hai plantexamentos baseados en pautas dietéticas que favorecen os síntomas e acortan o periodo de mellora. Estas pautas teñen os rasgos comunes seguintes:
- DIETA HIPERCALÓRICA: o estrés psíquico, físico ou postquirúrxico e a inflamación incrementan as necesidades nutricionais. É necesario realizar 5 ou 6 inxestas ao día e coidar incrementa-la súa densidade calórica. Isto conséguese engadindo alimentos pouco voluminosos pero con gran número de calorías como por exemplo froitos secos nas ensaladas, tostas de aguacate, queixo coa pasta etc.
- DIETA HIPERPROTEICA: nas etapas de brote a miúdo aparece sangre en heces e fiebre. Para unha mellora inmediata é preciso engadir proteína en cada unha das comidas principais. No almorzó tostadas de xamón serrano. Na comida e na cea peixes brancos e azúis, clara de ovo, carnes magras así como legumes combinadas con cereais e todas as opción que nos aporta a soia (tofu, tempeh).
- DIETA HIPOLIPÍDICA (baixa en graxa): As graxas trans e as saturadas non deberían ter cabida nunha dieta equilibrada e sana salvo en concretas ocasión (excepcións). Pola outra banda, as graxas monoinsaturadas e saudables procedentes do aceite de oliva, o aguacate e os froitos secos, deberán ser restrinxidas a unha ou dúas culleradas sopeiras ao día na etapa de brote, dado que a pesar de seren boas para a saúde cardiovascular presentan un efecto lubricante sobre o tracto dixestivo que podería aumentar o número de deposicións (feito non favorable nesta etapa).
- DIETA de baixo contido en FIBRA: No brote agudo abundan as deposicións diarreicas porque o peristaltismo está aumentado (movementos intestinais). Deben consumirse alimentos pobres en fibra (sobretodo insoluble, exemplo: cereales integrales) e moderados en fibra soluble (mazán cocida, marmelo, cenoria).
- DIETA con baixo contido en Sodio: durante o tratamento con corticoesteroides é interesante restrinxi-lo consumo de sal para evitar a retención de líquidos e por conseguinte a absorción de agua por parte das heces. Para que a comida non sexa insípida podemos xogar coas múltiples especias dispoñibles. A cúrcuma por exemplo, ten propiedades antiinflamatorias que poderían ser beneficiosas para a mucosa. Non se aconsella tampouco abusar da pementa ou caiena por ser irritantes para o TGI.
- HIDRATANTE: Ademáis da auga contida nos alimentos deben consumirse polo menos 1’5 litros de auga ao día, en forma de infusións, aproveitar a auga de cocción da verdura, caldos, sopas, licuados de froita e auga mineral.
Ademáis os pacientes que sofren EII poden ter deficiencias dalgunhas vitaminas e minerais como o ácido fólico, vitamina B12, ferro, vitamina C, Calcio, Zinc, Magnesio… todas elas involucradas no sistema inmunitario, así como pode ser complicado obter todos estes nutrintes a partir dun número limitado de alimentos. Por isto nalgúns casos concretos como é unha etapa brote, estaría indicada a prescripción dun suplemento vitamínico ou xerar na propia casa batidos de froita variada (rexeitando a pulpa se supón un exceso de fibra), froitos secos e iogures naturais sen azucre que actúen como probióticos (rexeradores da flora bacteriana intestinal).
Por último resulta interesante crear un diario dietético porque permite establecer unha relación directa entre os alimentos que consumes e os síntomas que éstes te reportan. A idiosincrasia do individuo dictará cales son os alimentos que debes consumir de xeito moderado ou suprimir e cales poderás tomar libremente e sen repercusión intestinal.