Roberto C. Agís Balboa
La máscara de Podemos Sanxenxo
Señores de Podemos Sanxenxo, vostedes predican de ser demócratas absolutos, e resulta que moitas veces fan o contrario. Se vostedes non se quitan a máscara quitareilla eu. Mirense ó espello, por favor. Vostedes mesmos se delatan non só cos seus actos a veces senón tamén con notas de prensa moitas veces sen sentido, cheas de mentiras, demagoxia, e tratando de confundir á xente para así vostedes conseguir o poder, verdade?
Eu teño afinidade con moitas cousas de Podemos, pero non me cerro en banda, teño mente aberta e sentido común, e non son poseedor da verdade absoluta. Non fai falla que se desvinculen de min, porque xa eu me desvinculara de vostedes no verán pasado, cando pouco despois de entrar o goberno, algún dos que agora levan o Círculo e antes incluso ían na lista de Sanxenxo Pode, xa ían pedindo a miña cabeza. Non comulgo para nada coas ideas e maneiras de actuar de certas persoas que representan o Círculo Podemos Sanxenxo, sobre todo a algúns que fan demagoxia, usan a mentira, e rompen os principios democráticos que tanto defenden. Algún exemplo:
1- Non se pode dirixir dous partidos políticos ó mesmo tempo, polo menos a misma xente. Algún dos de Podemos Sanxenxo é o que estaban a facer, querían gobernar na súa casa e na casa dos demais (Sanxenxo Pode). Eu dixen non a iso, por suposto, e había que votarme como fose, verdade?. Eu renunciei a portavocía en Podemos para ir nas listas de Sanxenxo Pode. Fixerono vostedes señores de Podemos Sanxenxo? Creo o único fun eu. Notifiqueille a membros de outros círculos superiores o que pasaba aquí, a súa resposta, que resolveramos os problema nós. Por certo, o círculo xa ten secretario, consello cidadán….? Porque xa choveu. Non será en vez de círculo é cadrado? Pregunto.
2- Alguén se preguntou quen vai detrás miña na lista? Si eu deixase a acta de concelleiro quen entraría? As notas de prensa de Podemos Sanxenxo son a maioría contra min, non contra o goberno, nin tratando de cambiar cousas, etc. Cal é o motivo ou interese da campaña de desprestixo que teñen certos individuos de Podemos Sanxenxo contra min? Non hai cousas mais importantes en Sanxenxo que o Sr. Agís? Pregunto.
3- Din que non fun fundador do Círculo Podemos Sanxenxo? Vexo a mentira está dentro dos seus principios e valores. Senón vexan a súa propia web (creada por nós no seu día): Acta 1 de Podemos Sanxenxo, acta 2 de Podemos Sanxenxo. Non será que o poder de convocatoria que teñen é mínimo? Sinto decirlles que vostedes mesmos fan que así sexa.
4- Din que eu son da vella política? Que pactarei co PP? Son de mente aberta e teño sentido común, cousa vexo lles falta a algún de vostedes, Sr. X. Membros do seu Círculo secuestraron as claves da web, email e redes sociais de Sanxenxo Pode dende o pasado Setembro. Tamén promoveron a excisión en Sxx Pode e Somos (o meu maior erro: apoiar ós que non debía). O seu lema señores “Ou pensas coma mín, ou fora”, primeiro eu, logo a presidenta, varios membros…..o que levou a desestructuración do partido Sxx Pode e ós feitos da semana pasada, eu como concelleiro independente. Contentos cos seus actos? Recordolles que a dictadura xa acabou hai tempo neste país.
5- Falan da beca Ramón y Cajal e de 300.000 euros. Curioso que se sorprendan dunha beca cando Podemos quere promovelas, moitos non poden estudar por iso a día de hoxe, polos recortes en educación e becas. Este contrato o da o Ministerio, para elo necesitas telo doctorado, ter estado un mínimo de 2 anos noutro país facendo investigación e ter un curriculum excelente. É competitivo a nivel nacional, dan 175 ó ano e preséntanse miles de científicos, etc. Se mo deron por algo sería, non creen? non pola miña cara bonita. Os famosos 300.000 euros inclúen: 5 anos de contrato, 40.000 euros para facer investigación, e si pasas a evaluación no cuarto ano, danlle 100.000 euros ó centro que te contrata para axudar na túa estabilización laboral. Iso é a Ramón y Cajal, por si algún pensaba que os cartos mos daban a min ou mos metían na conta. Non fagan demagoxia, señores de Podemos Sanxenxo. Ademáis era compatible coa miña labor de concelleiro porque así mo notificou o Ministerio e o SERGAS hai 6 meses cando xa firmara o contrato. Moitas veces que a xente ten un traballo que compatibiliza coa labor de concelleiro. Pero iso non foi o que me levou a tomala decisión de deixalo goberno, senón outros motivos, os cales xa expliquei. O que está claro é que si tes un traballo, e dedicas o teu tempo a maiores á política, e ves que somos como a auga e o aceite, hai choques, notas falta de apoio e non se fan cousas que levas no teu programa que son cruciais (auditoría, etc)….señores, un debe saber dar un paso atrás e saber decir NON, ata aquí chegamos. Algún do Círculo debería tomar exemplo, pero vexo que iso tampouco é un dos seus principios.
Roberto Agís, Concelleiro Independente (Sanxenxo)