Roberto C. Agís Balboa
Deriva política continental
Chega o verán, suben as temperaturas, acábase a escola, collemos vacacións, queremos relaxarnos, e ahí vamos todos en fila como fans do flautista de Hamelín hacia os mesmos sitios, as praias maioritariamente. España posiblemente supere os 70 millóns de turistas neste ano 2016. En Sanxenxo tamén parece teremos un ano de record. Polo menos así foi en Xuño e Xullo según o que se comenta. Un se pregunta ¿por qué todo Dios neste país colle as vacacións de verán case ó mesmo tempo, e a maioría buscan o mesmo: calor, praia e aglomeracións de xente?
A maioría cando collen vacacións seica o fan para relaxarse, desconectar da rutina, recargar as pilas. Sen embargo, cando eliximos un destino, imos moitas veces a onde vai todo o mundo, ós sitios de moda, e pagamos o que sexa por un alquiler, un hotel,... As vacacións son sagradas, aínda que sexa comendo sanwiches. O curioso é que nestes sitios (e non vou dar nomes, xa que a todos nos veñen a mente) a veces relaxarse parece compricado, ou esa é a impresión que me da.
Por exemplo, nestes sitios turísticos cando vas o super soes atopar cola e iso que teñen máis caixas abertas ca en temperada baixa, vas comer e a esperar dúas horas pola mesa, colles o coche e non topas aparcamento, chegas a praia e non hai sitio nin para a toalla nin para camiñar as veces, saes da praia e o tráfico é insufrible coas típicas caraváns, vas de copas e os locais están petados, saes a pasear de mañá e atopaste cos que aínda non forón durmir que teñen, ou máis ganas de festa ou ganas de follón algunhas veces,.....É curioso a maneira que temos de relaxarnos ¿non? Pero así é ano tras ano. Un se pregunta como xa facía Mouriño ¿por qué? ou ¿po qué?....agora xa é Pokemon ou tamén ¿po qué non?
Sexa porque os billetes de avión son máis baratos, porque o sector hosteleiro fixo inversións, porque hai mellor transporte ou porque os españois decidiron sair a gastar este ano, en canto ó turismo parece non hai queixa. O verán está a ser espléndido, cálido e con temperaturas que superaron os 40 grados. Agosto está a rematar e Setembro pinta moi ben. España non só ten bo clima, senón tamén boa imaxe turística no exterior, quizáis pola nosa gran riqueza cultural, gastronómica, patrimonial, paisaxística,... Xa se soe decir que "na variedade está o gusto", e España por sorte ten moitísima variedade e gusta moito. Isto para facer turismo, xa que para traballar, bueno, aquí xa todos coñecemos o que hai: mentras moitos turistas veñen a España a gastar, moitos españois se teñen que ir o extranxeiro a gañar cartos. Ay! ese país de pandereta.....
As apostas por si haberá investidura ou unhas terceiras eleccións están no aire. Os políticos parece levan 10 meses de vacacións dende as primeiras eleccións a finais do 2015. O noso país está envolto nunha deriva política continental con problemas graves a nivel nacional ata outros a nivel europeo. Mentras unha dorsal oceánica chamada "Brexit" comeza a separar Europa do Reino Unido, aquí no noso país, avecíñase un choque de placas (ideoloxías ou partidos) inminente, o cal producirá zoas de subducción que perxudicarán a uns e farán emerxer a outros. Tendo en conta ademáis todo o que pasa polo mundo adiante onde os mares están revoltos en moitos sitios, o problema é que non sabemos o alcance nin as consecuencias de ditos temblores para España, Europa e o mundo enteiro. O tempo dirá, xa que iste si que non perdoa, as agullas non paran de moverse.
Mentras tanto uns dedican o seu tempo a camiñar e fumar puros, outros toman o sol nos seus iates,....pero como decía a canción de Alaska ¿a quen lle importa o que eu diga? Total, si temos que ir votar de novo será o día de Nadal, e como todos estaremos de vacacións ese día, non haberá problema nin posiblemente colas ¿verdade? Miña naiciña, vaia país.