Roberto C. Agís Balboa
As festas do ceo
Estes últimos días caeron uns cantos raios do ceo. Vin algunha foto e foron espectaculares. A natureza mostrando o seu poder, os Deuses, Zeus, ou quen sexa, lanzando eses ruxidos e descargas eléctricas naturais que cruzan o ceo e nos deixan a todos coa boca aberta. Cando os contemplas, moitos seguro que pensades: se me da, quedo frito! Churrasco instantaneo! Para os galegos o raio é transparente como ben di o Himno Galego que forma parte do poema Os Pinos de Eduardo Pondal: "Que din os rumorosos, na costa verdecente, ao raio transparente, do prácido luar?..."
Os raios son descargas de electricidade estática que emiten luz (o famoso lóstrego) que soen ir acompañadas dun trono, ese son forte que nos fai retumbar as ourellas. Para moitos son unha maravilla da natureza, a outros dalles medo, sexa o que sexa, ahí os están, cando caen, non hai quen os pare. Hai raios de nube a terra, de terra a nube ou de nube a nube. O normal é que midan sobre 1.5 Kms, ainda que algún super raio chegou a medir 190 Kms!!! De ahí o de "eres máis rápido ca un raio". As veces caen sobre árbores, outras sobre coches e incluso sobre persoas, o cal non implica a morte segura según casos reais. Pero bueno, se sobrevives seica os danos poden ser considerables, e mellor que non te pille. Recordade que somos un 70% auga e o cerebro funciona con impulsos eléctricos,....polo tanto, xa o din os galegos "Mal raio te parta".
O ser human, así como arremedando a natureza, lanza fojetes o ceo como creando os seus propios raios. Fojetes dos que estoupan, non os das Cantareiras de Ardebullo, non ser mal pensados!. Toda festa patronal galega que se precie debe ter a misa e procesión, uns jaiteiros, banda de música, a orquesta e como non, os fuejos artificais, me cajo no demo! O fojeteiro non para, pin pan pun, e toma lacasitos. De mañá a noite. A verdade, ver esas formas, eses colores no ceo, e escoitar os estoupidos, soen recordar a caida dos raios ou do Imperio Romano.
Sen embargo, cos fojetes, a xente non se esconde, senón que é habitual ver a milleiros de persoas contemplando o ceo e decindo ano tras ano: que bonitos!
Este ano foron mellores (ou peores) co ano pasado! Faltou o vento e o fume empañou o espectaculo! Senón fora pola choiva que bonitos serían!,....hai para todolos gustos. As tiradas dos fojetes soen durar 10, 15, 20 minutos e custan cartos, pero son tradición, e as tradicións en Galicia son dificiles de cambiar, e máis cando lles gusta a xente.
Pois si, sexa o que sexa, as veces o ceo tamén está de festa, así o decían nos pasados días o actor, Carlos Blanco, e o científico e divulgador, Xurxo Mariño, nos seus perfiles de facebook. Tamén, un escritor xaponés dixo xa fai uns séculos "Raios e tronos! Cada lóstrego cura o mundo". A ver si esto é verdade, non será polos que cairon estes días, pero creo que por desgraza para curalo mundo fai falla algo máis que raios e tronos. En canto os fojetes, pois ter coidado polo tema dos incendios, sobre todo no verán. Xa o dixo Heráclito de Efeso fai uns 2500 anos "Máis vale apagar unha inxuria que apagar un incendio". O verán ainda non rematou, así que siga a festa no ceo para distrute dos que alí están, e na terra, para os mortais que habitamos nela. Raios e centellas!