Roberto C. Agís Balboa
Bob Dylan: de novel a Nobel
"Ni tengo una voz bonita ni canto bonito ni quiero hacerlo" (Bob Dylan)
O xoves, 13 de Outubro, anunciouse o Premio Nobel de Literatura 2016. Había moitos candidatos, todos artistas das letras, dedicados en corpo e alma durante décadas ou vidas enteiras ó arte de escribir. Días antes do anuncio os favoritos eran Haruki Murakami, Ali Ahmad Said Esber, Philip Roth, Yoyce Carol Oates, etc. Sen embargo, saltou a sorpresa cando se anunciou que o gañador deste ano sería Robert Allen Zimmerman que é coñecido sobre todo pola súa música. Seu nome artístico: Bob Dylan. Ata eu mesmo me sorprendín cando me enterei e pensei "Bob Dylan Premio Nobel de Literatura?". Pois alégrome por él, creo que é merecido. Dylan foi e sigue a ser un creador, un trasgresor que supo romper moldes e fronteiras, un músico poeta, simplemente unha lenda. Sexa o que sexa, con este galardón Bob Dylan consagrouse coma un mito vivinte.
Según a Academia Sueca, Bob Dylan gañou o codiciado galardón "por haber creado unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción". É a primeira vez que pasa algo así, que alguén coñecido pola súa música principalmente reciba este galardón dedicado as letras. Si xa vendía moitos discos, non digamos agora!. Tiven a oportunidade de velo fai uns anos, e a verdade, é un mito da música, e a partir de agora, tamén das letras. Recordar que xa antes gañou o Pulitzer e o Premio Principe de Asturias das Artes, polo tanto xa ía ben encamiñado e méritos non lle faltaban.
Dylan nado en 1941 e xa con 75 anos ainda segue dando xiras, tocando, cantando, escribindo,... Dylan é un referente para varias xeracións e o seu traballo, a súa música, as súas letras, parece que nos persiguen alí onde queira que vaiamos. Quizás outros merezan o Premio Nobel tanto ou máis ca Bob Dylan, pero está vez foi él o galardoado. Por elo, a miña máis sincera noraboa. Dende o comezo da súa carreira musical fai máis de medio século, Bob Dylan tivo éxitos a esgalla, os cales parece se escoitaron en case todos os rincóns da terra. Quen non coñece por exemplo "Blowin´in the Wind" (1962), "Like a Rolling Stone" (1965) ou "Hurricane" (1976) tantas veces versionadas? Este recoñecemento é quizáis ó culmen a unha carreira plagada de traballo, éxitos e beleza.
Remato co final traducido da canción "Like a Rolling Stone" do albúm Highway 61 Revisited (1965):
".....La princesa en la torre, y toda la gente guapa,
beben, pensando que ya lo tienen hecho,
intercambiando toda clase de regalos y cosas preciosas,
pero mejor que levantes tu anillo de diamantes,
nena, mejor que lo empeñes.
Solías estar tan entretenida
con el Napoleón en harapos y el lenguaje que solía utilizar.
Vete con él ahora, te llama, no puedes negarte,
cuando no tienes nada, no tienes nada que perder,
ahora, eres invisible,
no tienes secretos que esconder.
¿Cómo sienta?
Cómo sienta estar por tu cuenta,
sin un rumbo a casa,
como una completa desconocida,
como una piedra que rueda."