Roberto C. Agís Balboa
Expediente X: A Lanzada
A Lanzada é sen dúbida un dos emblemas da nosa terra. Lugar de tradicións, asentamentos milenarios, lendas (ej. baño das 9 ondas), escenario de películas, alí enterraron entre outros a xa famosa Cornelia, lugar das famosas Salinas que lle derón nome ó Salnés, e un sitio de disputas entre O Grove e Sanxenxo.
A Lanzada dalle nome a unha praia increible duns 3 km, un lugar moi coñecido e turístico onde podemos desfrutar do sol e tamén da Festa da Ostra, a Romería da Lanzada, Campeonatos de surf, Ruta do Padre Sarmiento, etc. Un itsmo, un paraíso, con valor propio. Un sitio único donde os hai que merece a pena visitar e disfrutar. Atá aquí todos dacordo. Pero, sempre hai peros....
Nos últimos tempos non só as augas andiveron revoltas aquí na Lanzada. Seica os axentes Mulder e Scully están a traballar sobre o terreo da Lanzada nun novo Expediente X.
Fai pouco tempo un tramo duns 150 mts do paseo de madeira recén colocado saiu voando a causa dun temporal. Por sorte, non se lamentaron desgrazas. Isto seica levantou sospeitas. O Con do Páxaro e os cons do seu arredor (un xa desapareceu), foron testigos do suceso, e agora están no punto de mira. Os cons restantes están na boca de todos, para uns son inocentes, imprescindibles e forman parte da paixase e dunha zoa protexida, son patrimonio cultural. Para outros non son máis que pedras e poderían ser condeandos coa pena capital. Sexa o que sexa, estes cons milenarios, inamobibles coma sempre e sen baixar a cabeza, están a presidir as disputas do seu propio futuro: Cons si ou Cons no? Cal será a solución? Esa é a pregunta!. Aínda que existen varias posturas, esperemos que se chegue a unha solución, e que a sangue non chegue o río. O que está claro é que o asunto ven de moito atrás.
Mulder e Scully van ter bastante chollo.
Según o cartel, a obra da Lanzada é cofinanciada pola Xunta con fondos Feder.
Como ben sabemos estes hai que gastalos ben e para os que se pediron, senón, os problemas serían grandes. O orzamento é de 3.138.186,62 euros, e a actuación dí textualmente "FOMENTO DA MOBILIDADE SOSTIBLE: ITINERARIO PEONIL E CICLISTA PARA MSV NA PO-308 (PO 25+200 AO PQ 27+970)". Os primeiros análisis demostran que o proxecto orixinal para a rexeneración da Lanzada no entorno do Con do Páxaro movía a carretera lonxe da praia e isto permitiría que se recuperasen as dunas, faríase carril bici, etc. Sen embargo, o proxecto actual seica é unha modificación. Como? Cando? Quén? e Por qué? Son as preguntas a responder polos afanados investigadores Mulder e Scully neste novo expediente X rodado integramente no concello de Sanxenxo.
As primeiras pistas para os investigadores foron feitas a vista de páxaro.
Atopamos varios problemas na obra que se está a realizar. Aparte do xa mencionado, cambio de proxecto,… a) en algún sitio non se fixeron as cesións correspondentes (algún muro apenas se tocou, por qué?), b) nalgunhas zoas as aceras non chegan nin a un metro, o aliñamento non é igualitario (fan algún quiebro que salta á vista!, why?), c) este primeiro tramo non levará carril bici (o cal menciona o cartel da obra) e senón se fai agora que hai espazo, non se fará máis. Asumo que a idea é que os peatóns e bicis vaian xuntos polo paseo de madeira? Isto xa sabemos de antemán que non é boa idea, d) o paseo de madeira, ademáis de ter alas e poder voar, ten varios defectos: a madeira xa está cuarteando nalgunha zoa, non reune as condicións de seguridade (150 mts voaron polo aire!!!), o pasamanos é un pouco chapuza, etc.
Ista maravilla da natureza, A Lanzada, merece algo mellor do que se está a facer e sobre todo que se tome en serio por todas as administracións pertinentes, e que se fagan as cousas ben, pensando non só no turismo senón tamén nas consecuencias para a costa, o medio ambiente, as zoas protexidas, preservar o patrimonio, etc. O testigo crucial, a famosa Cornelia, que leva na Lanzada dende tempos inmemoriais, por desgraza, perdeu a fala fai tempo. Non debemos olvidarnos que antes que nós, a Lanzada xa estaba ahí. É responsabilidade de todos preservala e conservala para o futuro. A pregunta é si esto será así? Qué lle pasará o entorno dos Cons? Resolverán Malder e Scully este expediente X?. No seguinte capítulo haberá máis.