Marta Rodríguez Engroba
Violencia machista. A barbarie disfrazada de patoloxía
Un dos mais recentes destes "sisudos" estudos, e no medio dun maremágnum de cifras e porcentaxes, cos que xa hai tempo que penso que se tenta xogar ao despiste para non ter que admitir que non se está a aportar ningunha resposta real, trasladounos unha brillantísima conclusión (que se vexa que estamos a costear a verdadeiras lumbreiras!): A de que a maíoría de asasinos machistas non teñen ningunha alteración psíquica.
Eureka, os meus parabéns!!!!!. E nos sen enterarnos!.
Eu non son psicóloga, nin letrada. Tampouco formo parte desa elite que cobra por divagar sobre que foi antes, a galiña ou o ovo.
Soamente son unha muller que viviu na propia carne o inferno dos malos tratos, e que cada día traballo, partillo e comparto a dor de moitas mulleres que teñen no medo, na dor,nas humillacións, o seu hábitat natural, e que loitan desesperadas por sair del, por salvar as súas crianzas dese inferno de terror.
Mulleres que son cuestionadas, que ven impotentes como a súa intimidade é diseccionada e exposta sen piedade, para, en non poucas ocasións, ver mudar a súa condición de vítima en culpable, culpable que levará ademais enriba, case con toda probabilidade, de por vida, o estigma de "algo faría".....a que consigue sobrevivir!, mentras febles e desprezables escusas como: "estaba a sufrir unha depresión", "atopábase baixo os efectos do alcohol", ou mesmo "acababa de saber que a súa ex parella iniciara unha nova relación" maquillan de enfermidade, de patoloxía, o que non é senón maldade pura e dura.
Porque o maltratador non é un enfermo. Non é un psicópata que vai danando ou matando indiscriminadamente. Nin moito menos!.
O maltratador é un ser malvado, que cosifica e trata a muller coma un obxecto da súa propiedade, que se cre con dereito a manexar a súa vida e mesmo a quitarlla, por eso, porque é muller, e o fai dun xeito calculado, frío e case sempre con ensañamento.
Deixémonos de eufemismos baratos, e chamémoslle as cousas polo seu nome.
E a violencia de xénero unha patoloxía? Rotundamente non!. É, sinxelamente, maldade.