Marta Rodríguez Engroba
Para vostedes, señorías... de parte dunha nai
Eu non son, para ben ou para mal, de andar con rodeos. Gústame, e así o fago, dicir as cousas moi clariñas, mellor ainda de fronte e mirando a os ollos, malia que as veces me pase factura.
Desexaría poder facelo tamén, e mais que nunca, nesta ocasión, pero como, por desgraza, non vai poder ser, vou aproveitar a oportunidade que me brinda este medio para dirixirme a vostedes, Señorías.
Non vou afondar mais no que xa se dixo sobre o asasinato de Javier, de tan só once anos, cometido, presuntamente, polo seu pai. Se algo se fixo, foi falar. De feito, foi prácticamente o único, e de todo houbo. Desde institucións, políticos, amén de veciños, coñecidos e posuidores da verdade que sentenciaron aquelo de "xa hai tempo que nos dixemos, propuxemos...." (por certo, nunca tal escoitamos, nin moito menos constatamos), ata aqueles que, de súpeto, e nun arranque de concienciación, discurriron un pack de medidas máxicas, que todos nos preguntamos porque non foron quen de deseñalas antes...e de aplicalas, e dubidamos que se prolonguen moito mais alá que o rebumbio mediático. A o fin e a o cabo, os asasinatos por mor da violencia machista son xa case o pan noso de cada día e cada vez impresionan menos.
Pero o que si quero, Señorías, e preguntarlles se teñen a mais mínima idea do que sinte unha nai que leva moito tempo, tal vez anos, vivindo no terror, vendo como cada poucos dias ten que entregarlle os seus fillos a o verdugo que sabe con certeza que non dubidaría en matala, e quen sabe se tamén a eles, porque facerlles dano, asasinalos, e acabar tamén coa súa vida, e ese é, en definitiva, o seu obxectivo.
Algúns de vostedes, señorías, serán pais e nais. Poden mirarlles a cara a os seur fillos cando un neno como Javier é asasinado?. Son vostedes quen de durmir tranquilos cando, despois de avogar por manter esas "ideais" relacións paterno filiais a calquera precio, sen ter en conta que poden ser unha sentenza de morte, o tremendo resultado é unha traxedia de tal calibre?.
A quen protexen vostedes,Señorías? ás vítimas ou a quen as maltrata, a quen pode chegar a matalas?
Din vostedes que non é xusto privar a un pai de disfrutar dos seus fillos, que as súas visitas son sagradas... E poñer constantemente a eses nenos e nenas en perigro, é iso xusto?.
Son vostedes expertos en actuar baseándose en feitos probados. Non cren en ameazas, nin moito menos en presentimentos. Tampouco a prevención ten un lugar destacado nas súas prioridades. De feito, moitas veces a pasan, e discúlpenme a expresión, polo arco do trunfo, o que fai que en demasiadas ocasión, teñamos que contradicir o dito popular e nos vexamos na penosa obriga de lamentar por non previr.
Quen hoxe lles fala, Señorías, non é a presidenta dun colectivo. É unha nai. Unha nai que, ainda sendo esa a súa condición, non é quen de imaxinar o que estará sentindo a de Javier.
Non pode haber dor mais desgarrador.
Ninguén está preparado para perder a un fillo. É antinatural. Pero que cho arrebaten dun xeito tan salvaxe é inhumano,.... iso non se cura xamais.
Eu, repito, son nai, nai dun fillo que, malia ser xa un home, se alguien o dana, estou segura de que sería a única razón pola que non dubidaría en matar. Por él daría a miña vida e mil mais que tuvera.
Coñecen vostedes, Señorías, ese sentimento?.
A revisión ou mesmo a retirada dun réxime de visitas, unha orde de afastamento, son susceptibles de ser emendadas de demostrarse que non son precisas.
Unha vida segada xa non ten volta atrás.
Claro que un pai ten dereito a ver a seus fillos, a disfrutar deles... pero un pai, non un maltratador, non un asasino.
Ser pai non é soamente unha cuestión biolóxica. iso é doado. Ser pai é puro sentimento, e ese non é patrimonio de todos aqueles a os que a natureza lles concedeu a capacidade de enxendrar.
Eu, si poidera pedir que se aplicara, ainda agora que xa non hai remedio, unha soa pinga de xustiza, saben que pediría? Que cantos teñan algunha responsabilidade, por pequena que esta sexa, en non aplicar as medidas precisas para evitar asasinatos como o de Javier, e os de todos os nenos e nenas a os que os seus pais mataron durante as visitas concedidas por iso que chaman xustiza, sentiran, por un só día, a dor, a agonía, o desgarro, desas nais que viron, impotentes, como asasinaron a os seus fillos.
Un só día. Semella moi pouco, non sí?. Pois estou segura de que a súa perspectiva mudaría.
E isto, Señorías, díllo unha nai.
Asociación Si, hai saída