Marta Rodríguez Engroba
Non entendo nada
Tal vez sexan cousas miñas, non sei, pero, cada día teño a sensación de que algo está a ir mal, moi mal.
De feito, cada vez que miro arredor aumente a miña confusión, e mesmo me costa poñer as ideas en orden para escribir estas liñas.
Vou tentar explicarme, porque, a este paso, vou rematar por contaxiar a miña confusión a cantos teñades a idea de pararvos a ler as miñas desordeadas ideas.
Cada día chegan a Si, hai saída, o colectivo de axuda a vítimas de violencia de xénero que presido, máis mulleres buscando comprensión, asesoramento, e, por riba de todo, un apoio para sair do seu inferno. Isto non fai senón confirmar o que xa sabemos, que a violencia de xénero vai "in crescendo" de xeito algo máis que alarmante a estas alturas.
O mesmo ocorre con outro tipo de delitos. Hai épocas nas que se produce un claro repunte, e cando esto ocorre, lóxicamente adóptanse as medidas pertinentes para que esa vaga remita e corríxense as que xa existían e que, a vista está, non tiñan a efectividade que requerirían.
Paradóxicamente, no que atinxe a violencia machista, ocorre todo o contrario.
O número de vítimas medra, xa non soamente o das mulleres, senón tamén o das súas crianzas, esas vítimas esquecidas, pero non menos danadas. Evidentemente, algo non se está a facer ben, pero nada se fai por arranxalo. Peor ainda, nada se fai por recoñecelo, o primeiro e básico chanzo.
Fálase de prevención, pero non se aplica practicamente en ningún caso.. Ordes de afastamento, modificacións de réximens de visitas ou suspensión das mesmas cando exista o menor atisbo de perigo para o menor seguen a escatimarse como se o erario nacional se vira mermado co seu uso.
O risco que corren as vítimas minimízase cada vez máis, ou se lles encomenda a elas mesmas a tarefa de autoprotexerse, porque a lei non ve evidencias, a menos que sexan xa prácticamente un cadáver…..e con sinais físicas evidentes!. Doutro xeito, serán cuestionadas, e a súa versión posta en tela de xuizo, amén de que, con toda probabilidade, se lles convidará a sair do xulgado de turno aterrorizadas, con unha espada de Damocles enriba da súa cabeza e sen ningún tipo de protección, mentras o seu maltratador circula libremente pola vida…..mesmo pola súa!.
As estatísticas falan por si soas. O número de vítimas sube, e, na misma proporción, tamén o fai a súa indefensión, xa non soamente ante o seu verdugo, senón ante un sistema, unha lei, que cada día espalla máis "buenismo" cara o delincuente e máis indiferencia e desprotección hacia a vítima.
Por eso, e cantas máis voltas lle dou, sinto unha gran frustración e prométovos que, como digo a o comezo, non entendo nada.
Asociación Si, hai saída