Xose Ríos Cidrás
A nacionalidade de Colón
"Colón foi corsario antes de se converter no señor de Soutomaior e conde de Caminha. Con estes títulos, loitou contra os Irmandinhos e despois ao carón do rei Afonso V de Portugal contra os Reis Católicos na batalla de Toro (1476). Tras declaralo en rebeldía, Colón fuxiu a Madeira, onde concibiu o seu proxecto. Regresou a Castela para reivindicar os seus títulos nobiliarios. Os Reis Católicos só lle permitiron realizar a súa expedición ás Indias, mais a cambio de renunciar a todo, incluso ao seu verdadeiro nome, Pedro Madruga".
Esta introducción de Carlos de Vilanova semella prender no aceno do por que se descoñece a nacionalidade de Colón, asumindo como válida a parvada "dun mariñeiro supostamente de orixen xenovés".
A finais do s. XIX, Celso García de la Riega comenza a investigar un apelido "Colón" que atopa ao chou na vila de Pontevedra nuns documentos do s XV.
Dende finais dos anos 80, Alfonso Phillipot entronca a Colón coma o fillo bastardo de Fernán "Eannes",o Conde de Soutomaior. A súa nai creese Constança "Collóns" membro dunha familia de corsarios asentados no enclave portuario de Pontevedra. Colón nace na Casa da Crus, en Portosanto (Poio), hoxe reconvertida no Museo Colón.
Corría o ano 1.946 cando Fernan Eannes recolle a Cristobal Colón no seu testamento, pasando a chamarse Pedro Álvarez de Soutomaior, alias Pedro Madruga. Cristóbal Pedro Colón foi enterrado en Valladolid na mesma capela na que se atopaba o seu difunto pai: Fernán "Eannes". O seu léxico galego portugués, a toponimia empregada nas américas… afastannos definitivamente dun orixen italiano. Anímovos a ver o excelente documental de Carlos de Vilanova colgado na internet.
Por qué non se oficializan estes achados? No "Sempre en Galiza" dísenos que "a desventura de Galiza iniciouse co ausentismo de grandes señores, imposto polos Reis Católicos para engrosar a grandeza de Castela, e de paso, eliminar as nosas arelas de Independencia". Por iso trala deslealdade dos Fonseca, a decapitación de Pardo de Cela, e a defenestración de Pedro Madruga; os Reis Católicos proseguiron a súa "artimaña innobre" […]. "Para sometermos á triste condición de País Protexido, conviña non deixar alí máis que unha informe masa de servos […], polo que os Reis Católicos estando de visita en Santiago ordearon aos Grandes Señores de Galiza- Andrade, Lemos, Monterrei, Altamira- que se fuesen tras ellos a Castilla, so pena de muerte".
Moitos nacionalistas galegos arredan da figura de Colón e con elo da figura de Pedro Madruga. Mais Castelao previunos que "para que en Galiza non poida xurdir unha élite natural, capaz de sustituír a nobreza de sangue, cegaron as fontes patrimoniais do noso espíritu e da nosa cultura, someténdonos á reitoría moral de Castela". Todo povo ten referentes que alimentan a autoestima nacional: Marco Polo, Magallâes, Gagarin,… Os galegos debemos sentir orgullo do noso pasado e das nosas proezas, entre elas a de ter sido, ao mando do Almirante Pedro Madruga, o povo cos mellores e máis adnegados navegantes da historia.
Castelao compartía a orixen galega de Cristobal Colón, sen por elo deixar de denunciar o xenocio nas civilizacións de América. Mais non convén misturar este tema co misterio sobre a orixen de Colón. Quizais, como avanzou Castelao este misterio débese máis ben a que continúamos baixo esa "artimaña innobre dos Reis Católicos –falsificadores de bulas apostólicas-". Unha artimaña posibelmente interesada polo Imperio para agochar a verdadeira Historia.
Tras máis de 500 anos, quérese continuar co misterio sobre a orixen de Colón, e así deixarnos horfos dese Reino que un día fomos. Porque falar de Pedro Madruga é falar do Reino de Galiza e das causas do seu sometemento e desaparición. Como ben decía Daniel Castelao, despois de todo "tanto Pardo de Cela coma Pedro Madruga […] defenderon a dignidade da nosa Patria"