Xose Ríos Cidrás
Sr. Rajoy, proa ás rochas
Sábese que Rajoy goberna en minoría grazas a unha especie de "Tamallazo". Que Rajoy foi nomeado persona non grata polo Concello de Pontevedra. A Rajoy non se lle achega ningún líder político á marxe dos actos estritamente protocolarios porque saben que Rajoy está devaluado, entre outros motivos por ser o primer Presidente do Goberno chamado a declarar ante un xuíz por corrupción.
A parte desta crise institucional, os que estamos a pé de rúa recordarémolo por activar unha reforma laboral á carta dos poderosos. Un Presidente que subiu impostos á clase traballadora mentras aprobaba amnistías fiscais para os defraudadores. Un Rajoy que non se inquieta ante un paro estructural vergonzoso, ao tempo que reduce o acceso ás prestacións por desemprego, presionando á baixa os salarios. Un Presidente que acordouse dos bancos e non das familias desauciadas. Todo un ronsel de sufrimento social que pon ao 28% da povoación en risco de pobreza, e que inda por riba se lle veta o dereito ao pataleo pola Lei mordaza.
Como segue Rajoy no poder? Gracias ao apoio mediático. Demagoxicamente tapan os problemas de verdade, alimentando falsos debates e falsos reos. Así conseguen distraer a nosa atención mentres desfalcan o peto das pensións, privatizan a sanidade e recortan no ensino público. Un bombardeo constante de invencións e confusións no que o Goberno aproveita tamén para desarmarnos ideolóxicamente. A modo ilustrativo, quen non lembra nos informativos da TVG aquela infeliz pedindo outro Prestige? A quen se lle ocorre poñer iso na tele? Non foi acaso un acto de vil revanchismo do PP contra a honorabilidade do voluntariado?
O Estado Español sufre un grave problema de territorialidade, institucional, de desigualdades sociais, de solvencia económica e medioambental. Como fiarnos daquel trapalleiro "Ministro dos Hilillos"? Como fiarnos dun Presidente que otorga concesións por 60 anos estando en funcións? Como fiarnos dun Presidente ao mando dun Goberno con Ministros que espían e conspiran contra a oposición? Dun Presidente que foi rendirlle pleitesía ao fascismo dos EE.UU.? Como vai atender da cuestión da "diversidade" do Estado alguén que fachendea de non falar galego?
Á vista da prioridade xingoísta contra Catalunya, é evidente o desinterese do PP en mudar a súa política nefasta. E mañá que Sr. Rajoy? culpamos aos masóns?