Marta Samartín Toimil
Responsabilidade nas festas: a túa saúde e o teu peto van agradecelo
Un ano máis chegou o Nadal e nos remata o 2017. Decembro é ese mes no que abrimos as portas ao exceso: máis alcol, banquetes familiares, ceas de empresa, doces, reencontros con amizades... moita xente aproveita esta etapa para facer unha paréntese e darse unha homenaxe, porque saben que este desenfreo terminará co cambio de ano e pensan "xa terei tempo de me purgar en xaneiro". Craso erro, os milagres non existen.
Alimentarse é un acto voluntario no que ademais de darlle ao noso organismo o que precisa para sobrevivir, gozamos entorno a unha mesa dende o punto de vista cultural e social. Algo que dista moito de "arranxar" eses días nos que esaxeramos o noso xeito de comer cun senfín de despropósitos. Facer dietas detox ou machacarse no ximnasio coma se non houbese un mañán son dúas das prácticas máis soadas para enmenda-los erros destas datas dan sinaladas no calendario.
Se tes o desexo de levar unha vida saudable e respectuosa co medio ambiente incluso nesta etapa do ano, tes que saber que existen pequenos xestos do día a día que podemos cambiar tan só con adicarlle un pouco de tempo. Recorda que estamos no primeiro mundo e gracias a isto temos a posibilidade de escoller, cousa que noutros lugares do mundo é imposible.
A continuación déixovos un decálogo de boas prácticas para que tod@s poidamos disfrutar dunhas festas tranquilas, sanas e sustentables; porque se vivimos o Nadal e o aninovo con cabeciña, o noso corpo, mente e o planeta terra váinolo agradecer durante moitos anos máis. ¡¡BO NADAL!!
-
Compra responsable: fai unha lista da compra ben planificada parándote a pensar cantos sodes e a cantidade que se vai consumir. Descarta os produtos con embalaxes innecesarias (plástico, porexpán). Se ides ser moitos inclínate por produtos a granel ou en formato grande; aforrarás cartos e a túa pegada ecolóxica será moito menor.
-
Reduce o consumo de carne. En España acostumamos a abusar de produtos cárnicos que son moi pouco eficientes a nivel enerxético e posúen un grande impacto ambiental. Ademais os fiames procesados soen ser ricos en graxa e sal. Recupera as legumes na mesa ou opta por peixes ou mariscos locais procedentes de pesca sostenible ou artesana que non utiliza métodos destructivos.
-
Guarnicións vexetais. A verdura é a maior fonte de fibra, un carbohidrato que non se dixire e ademáis retén auga, polo que forma unha especie de xel que nos fará sentirnos máis saciados e nos axudará a regular o apetito. Garabanzos con bacallao e espinacas, espárragos, coliflor, navizas... vivimos rodeados de saborosos produtos verdes locais ¿quen non ten un familiar no pobo con fincas ou coñece algunha cooperativa á que mercarlle verdura ecolóxica?
-
Bebe auga e modera o alcol e refrescos. Aproveita para invertir un pouco máis nun bo viño e brinda con él neses días sinalados. Como bebida principal utiliza a auga. Evita os refrescos en todas as súas variantes.
-
Entremeses e sobremesas: cando estamos a preparar un festín ou ao estar máis tempo frente á mesa, acostumamos picotear todo o que reluce ante os nosos ollos. Os froitos secos poden ser un gran aliado sempre e cando teñamos autocontrol. Améndoas, noces, anacardos (mellos a opción sen sal), sacian moito e nutren pero tamén son moi calóricos. Debemos tomalos en cantidades moderadas. Como opción doce podemos facer unha bica ou galletas caseiras, ou mesmo encargar turrón artesán.
-
Móvete! Que esteamos de festa non está rifado con saír a dar un paseo por Pontevedra. É máis, ao ter máis tempo libre saír a dar unha volta na bicicleta coa nosa familia é unha forma fantástica de consumir ese exceso de calorías que se nos poido "colar" na comida ou na cea.
-
Que reine a Paz: ao pasar máis tempo na casa compartimos máis momentos ca familia e isto sumado ao nerviosismo porque todo saia perfecto pode traer algún que outro roce. Falemos sobre temas de actualidade evitando a polémica, escoitemos diversas opinións entendendo que non todos tempos que pensar igual, debatamos dende unha actitude tranquila e optimista. Valoremos o afortunados que somos por ternos os uns aos outros.
-
Descansa... pero non te pases. Estamos fartos de ter unha hora á que o despertador timbra e nos obriga a levantarnos. Queremos recuperar ese sono perdido e iso pode levar a que nos pasemos de remolóns. Procura durmir oito horas pero non máis de nove. É tan malo o defecto coma o exceso.
-
Aforra, acórdate dos que menos teñen. A pobreza enerxética, o cambio climático, os refuxiados... procura apagar as luces se non son necesarias, non te pases coa calefacción, pecha a billa. Separa os diferentes tipos de residuos. Reduce, Reutiliza, Recicla.
-
MESURA: Como resumo de todo o anterior, sé consciente da cantidade de comida que se tira cada día. Non sexas sedentario e move o cú un pouco máis do usual. Descansa, sorrí... DISFRUTA!
Foto: jacinta lluch valero - Flickr