Marta Rodríguez Engroba
Prudencia e feminismo, unha parella imposible?
A medida que o tempo vai pasando, e que se supón que xa debería estar, senón totalmente curada de espantos, si, polo menos, parcialmente protexida por unha coraza poida que feble, pero que algo me debería preservar de certos despropósitos, a verdade é que vou de susto en susto, de sorpresa en sorpresa, e, ainda peor, de decepción en decepción.
Hai dous conceptos que eu sempre aboguei, e o seguirei facendo, por utilizalos con moito tino, e cada un na medida que compre.
Un deles, para min fundamental en todolos eidos da vida, é a prudencia, e o outro, moi importante, o feminismo, e que, sempre baixo o meu criterio, vaia por diante, se manexan en non poucas ocasións con moita lixereza, por non dicir con temeridade.
No caso do primeiro, a prudencia, adoita a ser por defecto. E moi preocupante esa tendencia tan excesiva de emitir xuizos, que, ainda por riba, non nos corresponden en absoluto, a maior parte das veces sen dispoñer de toda a información precisa e veraz, e guiándonos por titulares en ocasións mais sensacionalistas que informativos e por mor dos cales, acusamos e emitimos veredictos sen ton nin son dun xeito totamente irracional e alarmante.
A suposta agresión sexual múltiple sufrida por unha rapaza en A Estrada hai unhos días e súa posterior confesión de ter mentido é, penso eu, un exemplo ben representativo e ben lamentable tamén do que estou a dicir.
Pouca xente concedeu, nin siquera por un intre, o beneficio da dúbida aos presuntos agresores, sen ter en conta que, o mesmo que eu, por suposto, nin estaban alí para ver o que realmente aconteceu, nin, obviamente, teñen ao seu alcance toda a información precisa para formular unha acusación tan grave sen titubear nin o mais mínimo, algo ademais que non temos dereito a facer. Opinar é unha cousa. Xulgar e condear outras moi distintas.
O segundo concepto do que falaba, o feminismo, creo que, para a súa desgraza, e con motivo, precisamente, dese mal uso que se lle dá demasiado a míudo, está a ser bastante desvirtuado.
Non poiden evitar a miña sorpresa, e me reitero, tamén a miña decepción, cando, despois de facerse pública a confesión da rapaza presuntamente agredida, algunhas persoas, esgrimindo a súa condición de feministas, e no nome dun movemento ao que, insisto, na miña opinión fraco favor se lle está a facer en non poucas ocasións, seguían insistindo na culpabilidade dos rapaces, deixando de lado, xa non soamente a presunción de inocencia, senón a prudencia máis elemental e, ollo, caendo neso do que acusan ao patriarcado e ao machismo de exercer contra as mulleres, e dicir, son homes, ergo son culpables. Unha mágoa!.
Eu son, sen ningún xénero de dúbida, feminista. Esixo igualdade e tento, na medida das miñas posibilidades, loitar por acadala, pero o que non padezco, é unha misandria que me leve a odiar, discriminar e mesmo acusar aos homes polo feito de selo, caendo precisamente neses erros que, poñendo por bandeira a nosa condición de feministas, lles votamos en cara e rexeitamos.
Se hai unha premisa que eu teño sempre presente, e seguirei a facelo, e que, para que me respecten, teño que respectar, e, para min, esto non ten volta de folla.
A credibilidade non é gratis, hai que gañala, nos refiramos ao que nos refiramos, e exercer o que se chama ideais,pero que, na práctica, roza no fanatismo e na irracionalidade, non é, no meu xuizo, o mellor xeito de acadala.
O caso ao que aludo neste artigo é un exemplo mais. Soameante os implicados saben o que aconteceu realmente, e ningún nin ningunha de nos somos quen para erixirnos en xuíces, mulleres ou homes, o mesmo me da, e non deberíamos esquecer, por outra banda, que ideais e prudencia nin están reñidos, nin van nunca un en detrimento do outro. Todo o contrario. Deberían formar un tándem sólido e coherente.
Entón, e soamente entón, a nosa causa e a nosa credibilidade acadarán o lugar que desexamos otorgarlles e que, sen ningunha dúbida, merecen.
De nós depende que cheguen a ocupalo.
Asociación Si, hai saída